Voltar

Cursos para non galegofalantes

Os Cursos de galego para non galegofalantes comezan o 1 de marzo en Historia (Santiago) e Veterinaria (Lugo) e finalizan o 5 de maio. Os exames, do 8 ao 12 de maio.

http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=23&Artigo=167..

Cursos de iniciación e perfeccionamento

Convocados cursos de galego oral, iniciación e perfeccionamento organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O prazo de matrícula abrangue 20 días hábiles dende a data de publicación no DOG, o 13 de febreiro de 2006.

http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/75f326159e4790474125664400367b9e/19c0abf5607fbd6bc12571110056ec75/$FILE/03000D006P065.PDF.

Ferramentas informáticas para a lingua

Curso de “Ferramentas informáticas para a lingua”, dirixido ao PAS. Duración: 10 horas. Do 13 ao 17 de marzo, de 15 a 17 h. Profesora: Ana Domínguez Salgado. Matrícula: Servizo de Planificación de PAS

http://www.usc.es/snl/forma/descricionferra.htm.

Adaptación ao cambio normativo

Curso de “Adaptación ao cambio normativo”, dirixido ao PAS. Duración 10 horas. Do 13 ao 17 de marzo, de 13 a 15 h. Profesor: Leo Fernandez Campos. Matrícula: Servizo de Planificación de PAS

http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.

Bioloxía: Presentación dos II Premios á calidade

Ás 12:30 terá lugar a presentación dos II Premios á calidade lingüística do curso 2005-2006 que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade2.htm.

Económicas: Presentación dos II Premios á calidade

Ás 13:00 terá lugar a presentación dos II Premios á calidade lingüística do curso 2005-2006 que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Económicas e Empresariais.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade2.htm.

Premios á calidade lingüística nos traballos académicos

Ata o 21 de xullo poderase presentar traballos académicos nas secretarías dos centros convocantes para que opten aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade2.htm.



Imprimir