|
Exames do Celga 4 Comezan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, da quenda de novembro-decembro do ano 2008. No web dos Celga atoparás toda a información que necesitas, tamén dos restantes niveis. Resolución dos V Premios Luísa Villalta Reúnese na Universidade da Coruña o xurado que decidirá os traballos premiados nas dúas categorías do concurso: propostas de campaña de normalización lingüística, ou artigos xornalísticos sobre o tema. http://www.udc.es/snl/convocatoriaspdf/PremioLuisaVillalta_2008.pdf.V Xornadas «Lingua e Usos»: Lingua e docencia universitaria As V Xornadas Lingua e Usos da UDC celebraransae arredor do eixo «Lingua e docencia universitaria», no Paraninfo da UDC os días 12, 13 e 14 de novembro. A inscrición faise no web do SNL de balde. http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html.Xurado e entrega dos III Premios de Publicidade en ADE Reúnese en ADE o xurado dos III Premios de Publicidade. A seguir, entregaranse os galardóns, e impartirá unha conferencia o profesor de Comunicación Audiovisual Alejandro Vázquez, gañador da última edición dos Premios Eganet de publicidade en liña. http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.Contra a violencia, recuperarmos a lingua A Universidade da Coruña, o Concello e a Deputación da Coruña organizan para o 25 de novembro unha lectura pública de textos de compromiso cos principios de denuncia e erradicación de toda violencia contra as mulleres. http://www.udc.es/snl/dinamiza_25_novembro.html.Curso de traballos académicos e de investigación A matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, dirixidos ao alumnado da USC, faise a través de Internet entre o 24 de novembro e o 3 de decembro. http://www.usc.es/snl/forma/redaccion. |