|
Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición na primeira quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). O 9 de marzo comezan 50 cursos en 20 localidades para a preparación dos Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes Do 5 ao 25 de febreiro poderase formalizar a matrícula na segunda quenda dos cursos de lingua galega para non galegofalantes (niveis A1 e A2) que se desenvolverán a partir do 25 de febreiro. http://www.usc.es/idiomas/galego/cal_gal.htm. Día Internacional da Lingua Materna Este Día Internacional commemórase desde febreiro de 2000 co obxectivo de promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüismo. . Remata a inscrición para os exames dos CELGA A primeira quenda de exames realizarase os días 23, 24, 30 e 31 de maio de 2009. Cómpre inscribirse antes do 25 de marzo. Hai unha segunda quenda de exames en novembro. Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. |