Voltar

III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Carballo 2007

Os III Premios a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, outorgan un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, e en colaboración con oito medios de comunicación escritos, publícanse os dous artigos gañadores.

http://www.carballo.org/imxd/convocatorias/doc/1171882165Bases_Premio_artigos_Carballo_07.pdf.

Cursos de verán de lingua galega para estranxeiros

Neste curso, en que se diferencian tres niveis, pódense inscribir todas as persoas que o desexen maiores de 18 anos, que desexen familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. O prazo de matrícula remata o 1 de maio.

http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp.

Lingua de amor

Se escribes unha mensaxe amorosa en galego cun máximo de 150 caracteres e a envías ao concurso Lingua de amor, organizado polo Consello da Xuventude, podes gañar unha videocámara, unha cámara, un MP4 e lotes de libros en galego.

http://www.cxg.org/comunicacion/noticia.php?id=251&lg=gal.

Exames dos cursos de non galegofalantes

Unha vez rematados os Cursos de galego para non galegofalantes, comezan os exames, con probas de comprensión e expresión oral e escrita. As persoas que os superen recibirán un certificado de aptitude e tres créditos de libre configuración.

http://www.usc.es/snl/forma/modeloexamenongal.htm.

Premios á calidade e á excelencia lingüística

Ata o día 24 de xullo os estudantes que fagan un traballo académico con calidade abonda en lingua galega poderán presentalo aos III Premios á calidade lingüística e I Premio á excelencia lingüistica. Ata 600 euros en premios!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Enfoca o galego

Para participar no concurso Enfoca o galego, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, deberás enviar unha foto (máximo de 800x600 píxeles e 400 Kb) que simbolice, na túa perspectiva, a lingua galega, antes do 30 de setembro.

http://www.galegoelogo.com/concursofoto/ventana_bases.html.



Imprimir