O estudo e inventario botánico do Campus de Lugo foi promovido pola Oficina de Desenvolvemento Sostible, no marco do proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional, e froito da colaboración cos investigadores A.Rigueiro Rodríguez, M.A. Rodríguez Guitián, M. I. Iglesias Díaz e J. Pereira-Espinel Plata, do Depto. de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo, USC.
Neste mapa web, elaborado a partir dos resultados dese traballo, preséntanse os planos detallados por sectores, do Campus de Lugo, coa representación mediante iconas do emprazamento das diferentes especies e variedades catalogadas de flora vascular. Dos 158 taxóns catalogados nese estudo, represéntanse só os individuos de porte suficientemente relevante ou os que forman superficies (masas arbóreas ou arbustivas) de certa entidade.
Os círculos (●, para árbores individuais) e polígonos (▰, para superficies) ligan coas fichas correspondentes aos taxons inventariados, nas que se ofrece información sobre a súa denominación científica e común, orixe, breve descrición, emprazamento de cada exemplar nos diferentes sectores do Campus de Lugo. O menú superior esquerdo presenta diversas iconas adicionais:
Para visualizar axeitadamente o mapa é preciso empregar algún navegador web relativamente actualizado que permita executar programas Javascript (o habitual por defecto en calquera navegador, aínda que é preferible usar Google Chrome ou Mozilla Firefox). Non é preciso instalar ningún software adicional.
![]() | ![]() ![]() | ![]() | RUTA | |
Fichas |