FACULTADE DE MATEMÁTICAS

   
 

Entrega de diplomas a Finalistas da Fase Galega da
XLIV Olimpíada Matemática Española
 
 

Dentro dos actos conmemorativos do 50º Aniversario dos Estudos de Matemáticas na USC, a Facultade de Matemáticas entrega uns diplomas acreditativos de finalistas da Fase Galega da XLIV Olimpíada Matemática.

O acto, presidido pola Sra. Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, dona Laura Sánchez Piñón, tivo lugar o venres, día 7 de marzo, ás 17 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Estiveron tamén presentes na mesa o Sr. Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, don Máximo Pló Casals; o Sr. Decano da Facultade de Matemáticas , don Juan M. Viaño Rey ; o Sr Director do Programa A Ponte, don Luis M. Hervella Torrón; e do coordinador da fase Galega da Olimpíada, o profesor don Felipe Gago.

A continuación representouse unha de teatro matemático a cargo do grupo Ars Binomium, que leva por título Matemáticas por un tubo