Tipo de actividade:
Conferencia
“Teatro e Matemáticas é como dicir ámote fractalmente”
Incluida no programa "Unha Andaina pola matemática" do 50 Aniversario
Data e lugar de celebración:
6 de Marzo de 2008 ás 17 horas.
Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
Profesorado:
Ismael Roldán Castro
Departamento de Periodismo I
Facultad de Comunicación
Universidad de Sevilla.
Duración:
Dúas horas aproximadamente.
Orientación:
Alumnado da materia Unha andaina pola matemática e público en xeral.
Prazas:
200 persoas, aforo da Aula Magna.
Tipo de actividade:
Espectáculo Teatral.
Data e lugar de celebración:
7 de Marzo de 2008 ás 17
horas.
Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
Obra
"Matemáticas por un Tubo"
Ismael Roldán Castro & JoséMuñoz
Santonja
Grupo teatral ARS BINOMIUM
Con
motivo do Ano Mundial das Matemáticas preparamos un espectáculo novidoso e
inédito no noso país que vincula as matemáticas, os medios de comunicación
e o teatro. A proposta teatral concibiuse como unha parodia
dun programa de TV (áque tan aficionados son os alumnos e os seus pais) polo
que desfilan personaxes curiosos dun instituto de secundaria e, como non,
do exótico mundo matemático. Todo elo sen esquecer a banda sonora especial,
os espazos dedicados ápublicidade, os informativos e entrevistas (as que
fixemos a Carlos Herrera, Manuel Campo Vidal e Paco Lobatón), unha tertulia
distendida nun café e unhas sorprendentes danzas matemáticas. Utilízanse
medios audiovisuais como diapositivas e vídeos.
Os
ingredientes fundamentais deste espectáculo son o amor e unha grande dose
de sentido do humor combinados con puntadas críticas tan necesarias en todo
discurso educativo e intelectual. Poderíase dicir que existe unha trama (trampa)
principal matemática e toda unha colección de tramas secundarias moi humanas
coexistindo coa primeira. Outros elementos presentes nesta montaxe teatral
son a sensibilidade e a fantasía.
O
espectáculo estáconcibido para profesores de matemáticas de calquera nivel
e incluso doutras materias, alumnos de facultades de ciencias da educación
e maxisterio así como para un público en xeral que queira pasar un anaco divertido.
Trátase en definitiva dunha proposta escénica divulgativa e popularizadora
das matemáticas que pretende deixar un vestixio memorable.
Compoñentes do Grupo teatral ARS BINOMIUM:
JoséMuñoz Santonja
Catedrático de Matemáticas no IES Macarena de Sevilla,
Matemático, Membro das sociedades:Thales, Comunicar e APUMA.
Autor dos libros (entre outros) “Newton. El umbral de
la ciencia moderna”e “Ernesto el aprendiz de matemago”(ámbolos
dous na editorial Nivola). Dilatada experiencia investigadora
en Matemáticas e Medios de Comunicación.
pepemunoz1@teleline.es
http://www.divulgamat.net/weborriak/nor.asp
Ismael Roldán Castro
Doutor en Ciencias da Información, Físico, Actor,
Profesor de Matemáticas no IES Virgen de los Reyes de Sevilla
e Profesor de Teoría da Comunicación na Facultade de Ciencias
da Información da Universidade de Sevilla, Membro das sociedades:Thales,
Comunicar e APUMA. Autor dos libros “Teatromático”(editorial
Nivola) e “Caos y comunicación”(editorial Mergablum).
Dilatada experiencia investigadora en matemáticas e medios
de comunicación.
iroldan@cica.es
ámbolos dous forman o grupo teatral Ars Binomium, que dende
o ano 2000 veñen representando por toda España espectáculos teatrais matemáticos.
O pasado mes de Outubro de 2004 conseguiron o Primeiro Premio na modalidade
de posta en escena dentro do V Concurso Nacional Física+Matemáticas en Acción,
celebrado no Parque das Ciencias de Granada, dentro do Programa
Europeo Science on Stage.
Fonte:http://divulgamat.ehu.es/weborriak/cultura/Teatro/Teatromate.asp
Duración:
Aproximadamente 50 min.
|