A Muller: elemento innnovador na ciencia. Díptico
A Muller: elemento innnovador na ciencia. Cartel
http://www.rsme.es/comis/mujmat/mujer-ciencia/
A USC, sede dun ciclo de conferencias sobre
A muller: elemento innovador na Ciencia organizado pola Comisión
de Mulleres e Matemáticas da RSME
A USC será unha das cinco sedes españolas
nas que a Comisión Mulleres e Matemáticas da
Real Sociedade Matemática Española (RSME) desenvolva
un ciclo de conferencias sobre a muller como elemento innovador
da Ciencia. En Santiago, as charlas serán na Facultade
de Matemáticas entre os días 14 e 19 de decembro.
A inauguración farade o venres 14 de decembro as 16:30
contando coa presenza da conselleira de Educación e
Ordenación Universitaria, Dona Laura Sánchez
Piñón, a vicerrectora de Investigación
e Innovación da USC, Dona M. José Alonso, o
decano da Facultade de Matemáticas, Don. Juan Manuel
Viaño Rey e en nome do equipo organizador da USC inservirá
Dona Elena Vázquez Abal. Participarán un total
de 70 estudantes, un 75% mulleres e un 25% homes das titulacións
de Matemáticas, Química, Física, Biología
e Enseñaría Química e Informática,
asemade contarase coa presenza de docentes de Ensino Medio,
aos que está aberta a participación.
As actividades organizadas pola RSME están orientadas
a transmitir a importancia da Ciencia como elemento imprescindible
na vida cotiá, facendo ao mesmo tempo unha aposta por
visualizar a investigación realizada por mulleres.
En concreto, o programa contempla un ciclo de conferencias
en cinco sedes en diferentes comunidades autónomas
impartidas por mulleres en torno á investigación
sobre Matemáticas e as súas aplicacións.
Por outra banda, elaborarase material didáctico que
se exporá durante a celebración dese ciclo e
que se reutilizará en posteriores actividades organizadas
por centros de secundaria u organismos interesados en expoñelos.
Programa do ciclo
As conferencias, cuxa asistencia convalidarase con 1 crédito
de libre configuración as titulación mencionadas,
comezarán o 14 de decembro coa intervención
da divulgadora científica Susana Mataix sobre a muller
como elemento innovador na historia das matemáticas.
Seguiralle o día 17 a profesora Aia Rodríguez,
do IES de Salvaterra do Miño, e a profesora da USC
Elena Vázquez Cendón, que darán conta
de experiencias innovadoras na investigación matemática
relativas a auga.
Xa o día 18 será a quenda da profesora da Universidade
da Coruña Ana Dorotea Tarrío que disertará
sobre María Wonenburger, para rematar o día
19 coa participación de Victoria Toro, do Museo da
Ciencia de Valladolid, e unha mesa redonda moderada por Josefina
Ling Ling, na que se proporán actuacións para
incrementar a participación das mulleres na ciencia
e na tecnología coa participación da conferenciante,
de Montserrat Nogueira por parte do Seminario Muller Universidade,
Ana Canda Sánchez en representación da Asociación
de persoal investigador e Técnico non contratado/precarios
Galicia, Rogelio Conde-Pumpido Tourón vicepresidente
da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia.
Ligazóns relacionados:
http://www.rsme.es/comis/mujmat/mujer-ciencia/
Susana Mataix
Título: A Muller como elemento innovador na historia
das matemáticas
A pesar do illamento intelectual ó que estiveron
sometidas as mulleres no pasado, resulta admirable comprobar
que en tódalas épocas xurdiron matemáticas
dispostas a desafiar as normas e a dedicarse á ciencia.
É case imposible descubrir trazos común nelas
que expliquen por que escolleron o camiño insospeitado
ou identificar circunstancias favorables que xustifiquen a
súa loita nun mundo dominado polos homes.
Batéronse en solitario, instigadas por un verdadeiro
desexo de saber, de entender e expor as súas propias
opinións.
Se se repasan as achegas dalgunhas destas matemáticas
obsérvase que a súa soidade fíxolles
escoller temas novos e realizar contribucións singulares.
Tanto a Marquesa de Chatelet, defensora do británico
Newton contra o estamento cartesiano da súa propia
patria; como a xenial Emmy Noether, colaboradora nas teorías
da relatividade de Einstein; sen esquecer figuras tan especiais
como Ada Lovelace, visionaria informática; ou Florence
Nightingale, pioneira da estatística médica,
son exemplos perfectos do papel desempeñado por mulleres
con vocación matemática e decididas a liberarse
de suxeicións e prexuízos para marcar novos
rumbos no desenvolvemento da mente humana.
Aia Rodríguez Somoza (Licenciada
en Matemáticas, profesora no I.E.S. Salvaterra de Miño,
Pontevedra)
Título: Unha experiencia innovadora na docencia da
matemática: Pintando o instituto.
No primeiro cuadrimestre do curso pasado (2006-2007) traballei
cun grupo de alumnos de Educación Secundaria de Adultos.
O colectivo de profesores, entre os que me incluía,
percibimos que este grupo mostraba unha actitude pasiva ante
os contidos que se lles presentaban nas distintas materias,
das que a matemática non era unha excepción.
Esta situación motivoume para intentar poñer
en funcionamento, durante o segundo cuadrimestre, unha nova
metodoloxía didáctica e comprobar, por unha
parte se os alumnos se implicaban máis nas tarefas,
e, por outra, se adquirían os contidos fundamentais
da materia para ese nivel.
A nova metodoloxía centrouse na elaboración
dun contrato didáctico, a realización de traballos
en grupo, e a utilización predominante de “competencias”,
en termos da nova lei de educación, co fin de darlle
unha maior funcionalidade aos contidos da materia.
Por outra parte, dentro desta metodoloxía, e desde
a matemática, a utilización da resolución
de problemas como estratexia de ensino pareceume que podía
ser útil para os obxectivos descritos.
Así pois, comezamos o segundo cuadrimestre cun único
obxectivo: calcular a cantidade de pintura necesaria para
pintar o noso instituto.
María Elena Vázquez Cendón
(Profesora Titular de Matemática Aplicada).
Título: Unha experiencia innovadora en investigación:
As matemáticas da auga
Presentamos as contribucións que, dende o grupo de
investigación de Modelización en fluxos hidrodinámicos
da USC, leva liderando nos últimos anos, coa metodoloxía
de volumes finitos, unha matemática.
Dende un punto de vista divulgativo, conectaremos a innovación
matemática achegada coas aplicacións que a motivaron
e a validación experimental ou analítica da
mesma. Detallaremos tamén a conexión cos diferentes
grupos multicisciplinares que contribuíron a desenvolver
ou aplicar as diferentes achegas.
Os problemas estudados teñen como denominador común
a obtención de métodos numéricos para
coñecer o movemento da auga en diferentes contextos
xeográficos e de aplicacións: as correntes de
mareas nas nosas prezadas rías galegas, ao impacto
de roturas de presas para identificar preventivamente as posibles
zonas anegadas –dende un contexto europeo–, a
rotura de ondas na praia, a análise das correntes nos
Lombos do Ulla sobre as poboacións de berberechos ou
finalmente o comportamento hidrodinámico das escalas
de peixes, que son unhas estruturas hidráulicas que
lles permiten remontar os encoros ás especies que habitan
nos ríos.
Ana Dorotea Tarrío Tobar (Universidade da Coruña)
Título: María Wonenburger: un modelo innovador
na investigación matemática.
Ó longo da historia a contribución das mulleres
á ciencia, e en particular, ás matemáticas
pasou desapercibida ou ignorada. Debemos facer un esforzo
por transmitir e difundir o traballo de moitas mulleres que
dedicaron a súa vida á investigación
científica e que nos deixaron importantes achegas.
Un exemplo moi próximo témolo na científica
galega María J. Wonenburger Planells, prestixiosa matemática
coruñesa que, tras estudar a súa carreira na
Universidade Central de Madrid nos anos 50, é a primeira
matemática española que obtivo unha bolsa Fullbright
para realizar o doutoramento en EUA. Realizou a súa
tese de doutoramento baixo a dirección do destacado
alxebrista Nathan Jacobson e desenvolveu a súa carreira
en universidades canadenses e americanas. É a “nai”
da frutífera teoría das Álxebras de Kac-Moody,
estudo que comezou coa dirección da tese de Robert
Moody, o seu primeiro alumno de doutoramento.
María Wonenburger é unha muller que rompeu cos
costumes e prexuízos da súa época: a
elección da súa carreira, a decisión
de saír ó estranxeiro para realizar a súa
tese de doutoramento, a dedicación á súa
carreira científica e as súas decisións
persoais lévannos a situala como un modelo de muller
innovadora, adiantada á súa época, unha
referencia na investigación en álxebra e un
exemplo a seguir para os que comezan a súa carreira
docente e investigadora.
Victoria Toro García (Directora de
exposicións do Museo da Ciencia de Valladolid)
Título: “Muller con encefalograma plano"
Os medios de comunicación non lle dedican demasiada
atención á información científica
aínda que nos últimos anos se produciu un avance
tanto cualitativo como cuantitativo. Hai máis noticias
vinculadas coa ciencia e, en xeral, estas informacións
están mellor tratadas. Non obstante, a visión
da ciencia que dan os medios de comunicación é,
ao meu parecer, demasiado nesgada. Hai disciplinas que practicamente
non aparecen e existe unha parte da comunidade científica
invisible. Entre as disciplinas que menos aparecen nos medios
están as matemáticas e a parte da comunidade
científica invisible para periódicos, radios,
televisións, etc… son as investigadoras, as mulleres
dedicadas á ciencia.
As razóns destas dúas “eliminacións”
son, claro está, diferentes, pero creo que teñen
un punto en común. A visión que teñen
os medios de comunicación sobre a ciencia é
unha visión mítica, baseada en tópicos
e herdeira dunha historia da ciencia que se construíu
tamén sobre eses tópicos. Unha historia da ciencia
que está sendo revisada dende hai máis de cincuenta
anos e que achegou interesantes descubrimentos que contradín
eses tópicos.
MESA REDONDA: “Muller, innovación
e ciencia”
18:30- 20:00 Mesa redonda: "Mujer, innovación
y ciencia"
- Moderadora: Josefina Ling Ling, representante
do comité organizador local das jornadas
- Victoria Toro García, Directora
de exposiciones del Museo de la Ciencia de Valladolid
- Ana Canda, Doctora en Bioloxía Representante
da Asociación de Persoal Investigador e Técnico
Non Contratado de Galicia ou Precarios-Galicia de la USC
- Rogelio Conde-Pumpido Tourón, Vicepresidente
da Unidade de muller e Ciencia de la Xunta de Galicia
- Montserrat Nogueira Álvarez, Representante
do Seminario Mulleres e Universidade da USC
|