Acto Académico Institucional do 50 Aniversario da Licenciatura de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
-AGRADECEMENTO-
A Comisión do 50 aniversario da Licenciatura de Matemáticas agradece ás autoridades, licenciados e licenciadas, profesores, ex-alumnos, traballadores e estudantes da Facultade a asistencia ao Acto Académico Institucional que celebramos no Salón Nobre e no Claustro de Fonseca o pasado día 24 de maio.
Grazas por contribuir a unha xornada de engrandecemento da familia matemática de Galicia. Enviamos un saúdo de lembranza a todos os que diversas circunstancias lle impediron estar con nós.
Nestas páxinas podedes contemplar unha escolma fotográfica da celebración do acto e o texto dalgunha das intervencións. Mais adiante poñerase a disposición a grabación en vídeo.
Recordamos a todos que o libro de sinaturas por promocións está a vosa disposición no decanato e que a Orla Virtual segue estando operativa para subir as vosas fotos: http://www.usc.es/mate50/orla.php
E o libro de visitas onde podedes deixar as vosas testemuñas: http://www.usc.es/mate50/visitas.php
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2008
A Comisión do 50 Aniversario da Licenciatura de Matemáticas