Páxina de inicio da Universidade de Santiago de Compostela versión en Español

versión para discapacitados
 
busca avanzada

50 aniversario da Licenciatura de Matemáticas na USC
separador


Exposición retrospectiva sobre os 50 anos
da Licenciatura de Matemáticas na USC

Galería fotográfica
Acto inaugural da exposición
Sección 1ª: os estudos de matematicas na USC (6,4 MB)
Sección 2ª: fondos de matematicas na biblioteca da USC (5,2 MB)
Sección 3ª: 50-5 anos de docentes de matemáticas formados na USC (11 MB)
DESCARGA DA GALERÍA FOTOGRÁFICA DA EXPOSICIÓN
DESCARGA DOS .PDF DOS PANEIS DA EXPOSICIÓN

 

A Muller: elemento innnovador na ciencia. Díptico Exposición Retrospectiva sobre os 50 anos da Licenciatura de Matemáticas na USC (tríptico)

Presentación:
Dentro dos actos da celebración do 50 aniversario esta exposición recolle coma tema central a lembranza histórica da creación da Licenciatura e os feitos máis importantes destes 50 anos, servindo de homenaxe e recoñecemento a todos os que teñen contribuído a colocar a Facultade no destacado lugar que ocupa hoxe.

Datas: 20 de Maio – 24 de Xullo de 2008

Horario de visitas: 9-21 horas

Visitas en grupo: reservas na Secretaría do Decanato da Fac. de Matemáticas. Telf.: 981 528 003 (de 9 a 14 horas). Por correo electrónico, zmatdeca@usc.es

Ubicación:  Facultade de Matemáticas
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n     
Campus Universitario Sur  –  Santiago de Compostela

Principais contidos da exposición:

Sección 1ª: Os Estudos de Matemáticas na USC

Pretende facer un percorrido histórico sobre a creación, implantación e evolución dos estudos de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, desde a súa implantación como Licenciatura no curso 1957-58 ata hoxe, sen esquecer unha ollada sobre a situación destes estudos nos séculos XVIII, XIX e primeiras décadas do XX.

Sección 2ª: Fondos de Matemáticas na Biblioteca da USC

Pretende amosar unha escolma dos fondos bibliográficos da Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, relacionados coas Matemáticas. Será unha ocasión única de coñecer e admirar os libros universais, os dos matemáticos galegos máis sobresaíntes e revisar os datos da produción científica da Facultade nos anos 50.

Sección 3ª: 50-5 Anos de Docentes en Matemáticas Formados na USC

Unha maioría dos licenciados da Facultade nestes 50 anos foron partícipes e espectadores dos cambios que se teñen producido no ensino, en xeral, e no da Matemática en particular. Esta sección produra unha visión restrospectiva respecto deses cambios e aos que os viviron desde a perspectiva do profesorado de Matemáticas do Ensino Medio.

 

 


 
 
 
2px

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

universia
unitenda Unitenda
Grupo Compostela Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00