SESIÓN 6
Coloquio sobre a característica de Euler-Poincaré
Davis Mosquera Lois
Universidade de Santiago de Compostela
É posible contar o número de estudantes co móbil activo na aula sen necesidade de identificalos? Ten sentido a idea dun conxunto de "cardinalidade negativa"? Como poderiamos categorificar os números enteiros? Ten sentido falar dun concepto de cardinalidade topolóxica ou xeométrica? É posible dar unha demostración elemental da multiplicatividade da característica de Euler-Poincaré en fibracións?
Neste coloquio presentamos unha introdución, motivada por exemplos e problemas, á teoría de integración con respecto da característica de Euler-Poincaré. Prestaremos especial atención aos problemas que orixinaron cada unha das xeralizacións da teoría, partindo das versións máis rudimentarias. Ao longo da exposición comentaremos algunhas das cuestións enunciadas no parágrafo anterior.
Gran parte das ideas expostas foron xestadas e maduradas nun traballo conxunto con Enrique Macías Virgós. Algunhas son froito de conversas con Robert Ghrist.
Día
Luns, 27 de novembro de 2017
Hora
16:30
Lugar
Aula 9
Facultade de Matemáticas