Creado o 15 de abril de 2016 no seo do que fora Departamento de Álxebra, hoxe en día integrado no Departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o Seminario García-Rodeja nace coa vocación de ser o lugar común da familia olímpica.

O profesor D. Eduardo García-Rodeja Fernández, de quen toma o nome o seminario, foi a alma mater da olimpíada matemática en Galicia dende a primeira edición, no curo 1963-64, ata a súa xubilación, en 1998.

Dende entón, ano tras ano, o espírito olímpico vai prendendo en novas xeracións de estudantes que disfrutan diante dos problemas e que pasan a ser membros da familia.

As vocacións levan a cada quen polo seu camiño, pero ese sentemento permanece e de aí o porqué deste seminario aberto ás súas propostas de investigación, de revisión ou simple divulgación, de matemáticas ou doutras ciencias.

Sesións