O obxectivo desta charla é dar as ideas básicas de como caracterizar de xeito categórico, é dicir, sen empregar elementos, algunhas estruturas alxébricas dentro doutras. Por exemplo, explicaremos a maneira de atopar grupos dentro de monoides [1], e como estendela a álxebras de Hopf dentro de biálxebras [2]. Despois, analizaremos como atopar álxebras de Lie dentro de todas as álxebras non asociativas, dando así lugar á primeira proba en álxebra categórica asistida por un ordenador [3].
References:
[1] X. García-Martínez, A new characterisation of groups amongst monoids, Appl. Categ. Structures 25 (2017), no. 4, 659–661.
[2] X. García-Martínez and T. Van der Linden, A note on split extensions of bialgebras, To appear in Forum Math., 2018.
[3] X. García-Martínez and T. Van der Linden, A characterisation of Lie algebras via algebraic exponentiation, preprint arXiv:1711.00689, 2018.

Día

Luns, 12 de marzo de 2018

Hora

16:30

Lugar

Aula 9
Facultade de Matemáticas