Sexa \(G\) un grupo linear conexo e reductivo. As conxecturas de Arthur proporcionan unha clasificación das representacións automorfas de cadrado integrable de \(G\) en termos do que se vén denominando parámetros de Arthur. Cada parámetro correspondería a unha clase de case-equivalencia de representacións automorfas cuxas compoñentes locais pertencen a un certo paquete de Arthur determinado polo correspondente parámetro local. Nesta charla introduciremos as conxecturas de Arthur e explicaremos como construír paquetes de Arthur locais para certa clase de parámetros asociados a un grupo excepcional de tipo \(G2\).
O contido da charla está baseado nun traballo conxunto con Qiao He, Mishty Ray e Martí Roset.

Día

Mércores, 10 de xaneiro de 2024

Hora

16:30

Lugar

Aula 10
Facultade de Matemáticas