|
Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Nos estudios sociolingüísticos realizados na USC os problemas relacionados co léxico científico galego ocupan un lugar relevante, ata o punto de ser a razón que algúns sinalan como decisiva para non empregar esta lingua no seu labor profesional. Aqueles que desenvolven as súas actividades en galego tamén baten con estes problemas e a miúdo teñen que crear ou adaptar novos termos, basicamente por tres razóns: - En galego non existe un nome para esa realidade. Con independencia do acerto desa creación, a capacidade de difundilo na comunidade científica que se expresa en galego é moi pequena, e só provoca que o mesmo problema (por exemplo, '¿Como chamar en galego ó aparello succionador de fuel que en inglés se coñece como skimmer?') reciba solucións diferentes en función do autor, o cal pode xerar confusións e inseguridades entre os usuarios. Cómpre iniciativas en dúas direccións: a) Difundir mellor a información existente, facendo que os diccionarios e vocabularios, así como as propostas que se elaboren a nivel puntual, sexan coñecidas polos seus potenciais usuarios. b) Abrir canles que faciliten a cooperación entre lingüistas e especialistas das diversas disciplinas á hora de determinar a terminoloxía técnica dunha área de especialidade, así como o debate arredor de determinadas propostas. Para cumprir con estas dúas finalidades desde o SNL puxemos en marcha a rolda terminolóxica USC-LEXITERM; con ela: - Transmitimos información sobre diccionarios técnicos ou vocabularios técnicos que teñan o galego entre as súas linguas de traballo, así como sobre publicacións científicas editadas nesta lingua. Estes obxectivos só se poderán acadar se a USC participa de maneira activa e numerosa. Por este motivo, animamos a que, se forman parte da USC, se subscriban á rolda USC-LEXITERM no enderezo <http://www.listas.usc.es/listas/usc-lexiterm.html> e a que participen activamente no seu desenvolvemento, igual que xa están facendo as máis de cen persoas subscritas ata agora.
|
Neste número:
É natural: a bioloxía tamén fala galego
Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua
A lingua galega nos novos Estatutos (I)
A lingua galega nos novos Estatutos (II)
Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04
Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |