Xaneiro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


23/11/03 Reunión de comisións de normalización lingüística




Andel de diccionarios novos (e III)


 


A Investigación en galego segue medrando

A investigación básica en galego na USC vai en aumento. Neste ano que acaba de rematar o SNL rexistrou 8 memorias de licenciatura, 69 proxectos de fin de carreira e 10 teses que se fixeron e se presentaron en galego. Ademais destas, defendéronse na nosa lingua outras 6 teses de investigadores de Filoloxía Galega, e tres máis que non requiriron os servicios de corrección, terminoloxía e axuda económica do SNL. En total foron 19 teses feitas en galego en 2002, o que supón un 13.7% das que se leron nese ano.

A túa tese en galego, cum laude é a campaña do Servicio de Normalización Lingüística para animar ós investigadores a usar o galego nos seus traballos. Leva xa nove anos funcionando, e pouco a pouco vai dando os seus froitos. Aínda que a evolución dos traballos en galego é irregular, o certo é que desde 1988, data dende a cal posuímos datos sobre a presencia do galego na elaboración das teses de doutoramento, ata este ano pasado, cando se presentaron na nosa lingua preto dun cento de traballos de investigación, podemos ver unha liña resultante que ascende paseniña pero constante.

No eido das teses, e se atendemos ás áreas de coñecemento, os investigadores que máis se decantaron polo uso do galego no ano 2002 foron os de Filosofía e Química. Canto ás memorias de licenciatura foron os investigadores de Historia da Arte os que en maior número escolleron o galego para presentaren os seus traballos, e no eido dos proxectos de fin de carreira, é moi significativa a actitude lingüística dos alumnos da Escola Politécnica Superior de Lugo. Dos 69 proxectos que se realizaron en galego na Universidade de Santiago (nos dous campus), 65 deles son dos alumnos da Politécnica.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es