|
A lingua galega nos novos Estatutos (I) A elaboración duns novos estatutos viña imposta pola Lei de ordenación universitaria (a tan contestada LOU, sobranceiramente na nosa Universidade), co obxecto de que a máxima norma universitaria se adaptase ó novo marco lexislativo. Ó anteproxecto1 aprobado pola Comisión de Estatutos o 11 de abril de 2003 e que lle foi presentado ó Claustro, órgano que o debateu durante os días 19, 20 e 21 de maio, apuxéronselle 312 emendas, seis das cales tiñan que ver co ámbito da lingua. A primeira emenda presentada tiña como obxectivo que os Estatutos se redacten nunha linguaxe non sexista, ben utilizando xenéricos cando for posible (profesorado, alumnado, dirección, etc.), ben recollendo a dobre posibilidade masculino/feminino (rector/a, valedor/a, director/a...). Como emenda non foi aceptada, aínda que si se terá en conta na redacción. A redacción do artigo 3 do anteproxecto era idéntica á dos anteriores Estatutos (1): ' 3.1 A lingua galega é a lingua propia e oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é oficial a lingua castelá como lingua oficial do Estado. 3.2 A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega.' Sen embargo, unha emenda presentada á alínea 3.1 e unha transacción sobre ela deixaron a redacción deste punto como segue: 'A lingua galega é a lingua propia da USC'. Sobre esta redacción, non cabe dúbida de que o ordenamento xurídico superior (Constitución, Estatuto de Autonomía, Lei de normalización lingüística) xa recolle o carácter oficial do galego e do castelán, polo que fica garantido o dereito de todo cidadán a que os seus procedementos non atopen pexas por razón do idioma que utiliza. Tamén o carácter de lingua propia se recolle na Lei de normalización lingüística, e alén das connotacións afectivas que se lle poidan supoñer, presenta importantes consecuencias de índole xurídica, segundo as interpretacións do Tribunal Constitucional: lingua propia é aquela que deben utilizar de xeito preferente as administracións públicas. Foi desbotada unha emenda de engádega dunha nova alínea a este mesmo artigo, que procuraba o respecto á liberdade ortográfica individual 'en canto non se conseguir unha normativa de consenso'. As tres emendas restantes enmárcanse nos procesos de fixación dos cadros de persoal e de selección, tanto do Persoal Docente e Investigador (PDI) como do Persoal de Administración e Servicios (PAS), e pódese ver no seguinte artigo <http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=8&Artigo=50 >. (1) http://www.ti.usc.es/lexis/doc/ESTATUTOmenu.html
|
Neste número:
É natural: a bioloxía tamén fala galego
Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua
A lingua galega nos novos Estatutos (II)
Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC
Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04
Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |