Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/03 Inauguración da exposición de propostas de logotipos




O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

H. Monteagudo e X. Bouzada (coords.) Consello da Cultura Galega


 


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC

Os cursos de galego para non galegofalantes, e de Redacción e deseño de traballos de investigación remataron nos campus de Santiago e Lugo. No de non galegofalantes, 23 alumnos acadaron a cualificación de apto/a no nivel de competencia e 32 no nivel elemental; no de redacción e deseño, 21.

O curso de galego para non galegofalantes está orientado a persoas que non tiveron acceso a formación en lingua galega, de dentro ou fóra de Galicia. Nas últimas edicións do curso obsérvase cada vez máis a suba da matrícula de alumnos/as doutros estados e doutras comunidades.

Este ano, en Lugo destacan os alumnos de Asturias. En Santiago destacan de novo os asturianos, mais tamén os de Arxentina. Ademais, asistiron alumnos de Cataluña, da Comunidade Valenciana, de Euscadi, de Canarias, de Andalucía, Portugal, Madrid, Venezuela, México, Italia, etc.

No curso de nivel elemental traballouse o desenvolvemento da competencia comunicativa en situacións básicas: saudar, presentarse, pedir información sobre enderezos, comida, etc. O balance é moi positivo, xa que o alumnado acadou as capacidades abondas para entender o galego e facerse entender.

No nivel de competencia traballáronse aspectos relacionados coa gramática, a historia da lingua, etc.; ademais, puliuse a competencia comunicativa.

Os alumnos aptos recibirán un certificado de aptitude asinado pola Xunta de Galicia e pola USC. Ademais, ós procedentes de fóra de Galicia recoñeceránselles 5 créditos de libre configuración.

No Curso de redacción e deseño de traballos de investigación traballouse a competencia na redacción de textos escritos, tanto a nivel lingüístico como informático, aumentando o coñecemento das posibilidades dos procesadores de texto.

O balance, precedido por un éxito impresionante en canto ó número de matriculados/as, xa que se cubriron todas as prazas, é moi positivo. Os/as estudiantes valoraron sobre todo as estratexias aprendidas en relación cos tres momentos da escrita: planificación, redacción e revisión; e tamén o lle poder tirar un chisco máis de proveito a determinadas funcións do procesador de textos, como os índices, a ferramenta de revisión e os correctores ortográficos, como o Galgo e o 2mil.

A partir desta edición, ademais, este curso pasa a computar 1 crédito de libre configuración. Os/as estudiantes recibirán tamén un certificado de asistencia asinado pola Xunta de Galicia e a USC.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es