|
Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 O desenvolvemento do Espacio Europeo da Educación Superior, que permitirá a mobilidade dos estudiantes, e facilitará a súa integración no mercado laboral europeo, require un sistema adecuado de equivalencias e de recoñecemento de estudios. Esta necesidade deu orixe ó Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), centrado sobre o eixe común do crédito europeo. Un punto chave do sistema é a utilización de documentos normalizados, como mínimo en formato bilingüe, dispoñibles desde as páxinas web das universidades, que subministren información sobre os programas de estudios e os resultados obtidos polos estudiantes. Entre eles sobrancea a guía docente, que debe conter toda a información relevante da institución e dos programas de estudio, con detalle das materias e dos créditos asignados a cada unha delas. Precisamente, na proposta de contidos para elaborar a guía docente no referido ás materias de cada titulación1, recóllese entre outros extremos o idioma en que se imparten (1). A USC decidiu utilizar o Plan de Ordenación Docente (POD) como unha das fontes de información para elaborar parte dos contidos destas guías, razón pola cal se incluíu, entre os ítems que cumpría cubrir, un referido á lingua da docencia. Deste xeito, unha vez que o POD estea dispoñible en liña a través do web da nosa universidade (así como a restante información das guías docentes), calquera persoa que desexe estudiar na nosa Universidade poderá elixir con máis fundamento as titulacións e materias en que desexa formalizar a súa matrícula. Así non debería producirse ningún tipo de problema a posteriori, por exemplo, no caso de estudiantes provenientes dos programas Erasmus ou Sócrates, por razón da lingua en que os profesores imparten as materias (2). Por outra banda, a obtención deste dato, aínda que se trate dunha previsión, permítelles ós departamentos facer estimacións sobre a docencia en galego que realmente imparten, punto de partida imprescindible para poder fixaren un obxectivo de maior incorporación do noso idioma, dentro do marco do Plan de Normalización Lingüística da USC.
1 Vid. por exemplo, o informe técnico El Crédito Europeo y el Sistema Educativo Español en http://www.crue.org/espaeuro/encuentros/credito.pdf.
|
Neste número:
É natural: a bioloxía tamén fala galego
Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua
A lingua galega nos novos Estatutos (I)
A lingua galega nos novos Estatutos (II)
Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC
Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |