Febreiro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/03/03 Foro das linguas de Europa




Gramática da Lingua Galega

Rosario Alvarez, Xosé Xove. Galaxia, 2002


 


Consultar verbas galegas en Internet

O Diccionario da lingua galega da Real Academia Galega non só existe como publicación en papel: tamén se pode consultar a través do web da Dirección Xeral de Política Lingüística (1). Tamén se poden facer consultas na páxina da CRTVG, no Diccionario Galego de usos, frases e sinónimos (2), un diccionario que se atopa exclusivamente na Rede, que permite realizar buscas por orde alfabética.


A estes dous diccionarios de galego, hai que lles sumar un Pequeno Vocabulario inglés-galego-castelán (3) dispoñible no web de galego.org.


No terreo das linguaxes especializadas sobrancean os recursos que fornecen a Universidade de Vigo, a Dirección Xeral de Política Lingüística, galego.org, e mais o Servicio de Normalización Lingüística da USC a través dos seus webs.


A Área de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo (4) ten publicados no seu web traballos terminolóxicos tri ou cuadrilingües, como un Glosario de termos de Internet ou unha Fraseoloxía xurídico-administrativa. Pola súa banda, o Seminario de Lingüística Informática vigués (5) fornece un Vocabulario de informática galego-castelán-inglés, o Vocabulario da fauna mariña galego-inglés-castelán-latín, ou o Vocabulario galego-español-inglés das artes gráficas.


O web da Dirección Xeral de Política Lingüística (6) permite consultar o Diccionario galego de Pedagoxía e mais o Diccionario de termos literarios, así como descargar o Léxico informático inglés-galego en formato PDF.


En galego.org, o primeiro espacio web galego de información sobre a nosa lingua, existen pequenos repertorios en HTML: Terminoloxía do futbol, Glosario de urbanismo, Vocabulario de comunicación comercial, Siglas de textos legais e regulamentarios, etc.


Finalmente, o Servicio de Normalización Lingüística da USC publica tamén no seu web os vocabularios e léxicos editados en papel, en formatos HTML, word ou PDF: Léxicos editorial, de ciencias naturais, arqueoloxía, xeografía, educación social, orientación escolar e profesional, e de Internet, e vocabularios de Historia, Matemáticas e Química.


No anterior Cartafol (9) podes saber máis sobre todos eles.


(1) http://edu.xunta.es/diccionarios/
(2) http://www.crtvg.es/adicc/pridiccionario.htm
(3) http://galego.org/vocabulario.html
(4) http://webs.uvigo.es/h06/weba573/indice.html
(5) http://webs.uvigo.es/sli/
(6) http://edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/ferramentas.htm
(7) http://galego.org/biblioteca.html
(8)  http://www.usc.es/snlus/vocab.htm
(9) http://ocartafol.usc.es/pasaafolla.asp?OCartafol=4

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es