|
¿Sabías que...? Bibliografía, notas, citas e referencias (III): A cita A cita é un fragmento consistente en palabras que outra persoa escribiu ou dixo, que se reproduce no interior dun escrito, xeralmente con finalidade ilustrativa ou de apoio argumental. Pódese citar de xeito máis ou menos directo. A cita directa é unha reproducción literal e exacta. A cita indirecta é unha reproducción a través dunha oración subordinada; a cita indirecta libre utiliza o estilo indirecto e suprime o verbo introductor (dicía que...). Velaquí unha cita reproducida das tres maneiras:
Formato das citas A cita directa debe distinguirse perfectamente do texto que non o é, aínda que o tipo de letra que se empregue sexa o mesmo, a redonda. Se a cita é curta, introdúcese no propio parágrafo, entre comiñas e antecedida de dous puntos; despois da cita normalmente indícase a fonte mediante unha notiña entre parénteses. Se a cita supera as cinco liñas, colócase nun parágrafo á parte, sen comiñas. Pódese presentar de dúas maneiras: con letra de menor tamaño que a do restante texto, ou con letra do mesmo tamaño pero cun parágrafo sangrado. Se a cita é dun poema de poucos versos, pódese dispoñer no mesmo texto, encerradas entre comiñas e separando os versos mediante barras. De reproducir máis de catro versos, cítase á parte, cun tamaño de letra máis pequeno, e sen comiñas. Modificacións sobre o texto orixinal As citas deben respectar non só o contido, senón o aspecto do fragmento citado, e en caso de que non sexa así, hai que facelo notar. Se a cita non é unha reproducción da totalidade do fragmento, senón que se omite parte do principio, do final ou do medio, colocarase uns puntos encolchetados [...] no canto do texto omitido. O idioma, a ortografía, as marcas tipográficas orixinais (negras, cursivas, etc.) deben respectarse. Calquera modificación cómpre advertila, entre parénteses: (cursiva miña), (negra miña...). Se o texto citado contén unha incorrección ou irregularidade, debe reproducirse, constatando que é propia do orixinal mediante [sic]. Tamén se se opta por corrixila: conte[x]to. Se se trata de erros non tan coñecidos que precisan corrección, débese explicar, ben introducindo a corrección explicada logo da cita e entre colchetes, ben mediante unha nota a rodapé:
Identificación da procedencia da cita Existen dous métodos principais de identificar a procedencia da cita. Calquera deles é válido, máis cómpre utilizar un ou outro, mantendo a coherencia dentro do mesmo documento: a cita bibliográfica e o sistema autor-ano. Mediante a cita bibliográfica, faise unha chamada no texto e colócase nunha nota ó pé da páxina, do capítulo ou ó final a remisión á obra citada, incluíndo autor (en redonda), título da obra (en cursiva), lugar de edición e editorial, o ano e as páxinas onde aparece o texto que se cita, nalgunha das maneiras que se recollen no Cartafol dixital nº 2:
Cando inmediatamente despois dunha cita bibliográfica vai outra do mesmo autor, non se repite o encabezamento, senón que se indica este feito coa expresión Idem ou Íd., e a seguir os datos da obra. Se tamén coincide o título da obra, porase Ibídem ou Ib. Tamén se adoita utilizar as expresións abreviadas op.cit., loc. cit. e art. cit (obra, lugar e artigo citado, respectivamente). O sistema autor-ano ou sistema americano, coloca entre parénteses no propio texto o nome do autor, o ano de edición e as páxinas a que se remite.
Se se volve citar a mesma obra só se especificará a data e a páxina que interesa. Se hai dúas ou máis obras do mesmo autor e do mesmo ano, pódese identificar cada unha colocando entre parénteses letras: (a), (b), (c)... As citas que seguen este sistema deben ir desenvolvidas na bibliografía da obra, que vai ó final do capítulo, do artigo ou do libro.
|
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |