|
Sociolingüística e planificación lingüística nos Alpes Dolomitas Os días 12, 13 e 14 do pasado mes de decembro tivo lugar en Urtijëi, unha pequena vila alpina situada na rexión italiana de Trentino-Sud Tirol, preto da fronteira con Austria, o congreso "Soziolinguistica y Language planning" organizado polo Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin e o Centro di Studi Linguistici per l'Europa. O Servicio de Normalización Lingüística da USC foi convidado a participar cunha conferencia sobre a situación xeral da lingua galega e unha exposición da súa experiencia concreta no terreo da elaboración de terminoloxía científico-técnica. O Servicio participou tamén nunha táboa redonda na que, xunto con outros representantes de minorías lingüísticas europeas, discutíronse estratexias destinadas á supervivencia e extensión do uso destes idiomas. Durante tres días, expertos en linguas minoritarias como o galego, catalán, occitano, corso, sardo, ladino, friulano, gaélico, galés, escocés, e aínda berebere, grecochipriota, ou linguas da antiga zona soviética de Pamir, así como linguas en situación minorizada, como o finés en Suecia ou na antiga Unión Soviética ou o croata en Sicilia, expuxeron as súas experiencias, intercambiaron puntos de vista e constataron unha vez máis o carácter multicultural e multilingüístico dunha Europa conformada por un auténtico mosaico de pobos e culturas que loitan pola súa supervivencia. O congreso tivo lugar nun dos vales de fala ladina, e aproveitouse a ocasión para presentar unha gramática unificada do ladino estándar, así como o primeiro diccionario desta veriedade. O ladino é unha lingua románica falada en cinco vales alpinos: Fascia, Gherdeina, Val Badia, Fodom e Ampez con grandes diferencias entre eles. Desde o ano 1994 lévanse feitos estudios e traballos destinados á creación dun estándar escrito válido para as cinco variedades, que se converta nun factor de integración, de unificación e de autoidentificación entre os falantes. Desde aquí queremos desexarlles moita sorte ós colegas ladinos na aventura que emprenden.
|
Neste número:
Reunión de coordinación das comisións de normalización
Un agasallo de nadal ben galego para o profesorado de Psicoloxía
Nova convocatoria de axudas para 2003
A Investigación en galego segue medrando
Éxito da campaña "¡Que non digan nin PIU!"
Voluntariado lingüístico contra a catástrofe do Prestige
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |