|
Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Os cursos de galego para non galegofalantes, e de Redacción e deseño de traballos de investigación remataron nos campus de Santiago e Lugo. No de non galegofalantes, 23 alumnos acadaron a cualificación de apto/a no nivel de competencia e 32 no nivel elemental; no de redacción e deseño, 21. O curso de galego para non galegofalantes está orientado a persoas que non tiveron acceso a formación en lingua galega, de dentro ou fóra de Galicia. Nas últimas edicións do curso obsérvase cada vez máis a suba da matrícula de alumnos/as doutros estados e doutras comunidades. Este ano, en Lugo destacan os alumnos de Asturias. En Santiago destacan de novo os asturianos, mais tamén os de Arxentina. Ademais, asistiron alumnos de Cataluña, da Comunidade Valenciana, de Euscadi, de Canarias, de Andalucía, Portugal, Madrid, Venezuela, México, Italia, etc. No curso de nivel elemental traballouse o desenvolvemento da competencia comunicativa en situacións básicas: saudar, presentarse, pedir información sobre enderezos, comida, etc. O balance é moi positivo, xa que o alumnado acadou as capacidades abondas para entender o galego e facerse entender. No nivel de competencia traballáronse aspectos relacionados coa gramática, a historia da lingua, etc.; ademais, puliuse a competencia comunicativa. Os alumnos aptos recibirán un certificado de aptitude asinado pola Xunta de Galicia e pola USC. Ademais, ós procedentes de fóra de Galicia recoñeceránselles 5 créditos de libre configuración. No Curso de redacción e deseño de traballos de investigación traballouse a competencia na redacción de textos escritos, tanto a nivel lingüístico como informático, aumentando o coñecemento das posibilidades dos procesadores de texto. O balance, precedido por un éxito impresionante en canto ó número de matriculados/as, xa que se cubriron todas as prazas, é moi positivo. Os/as estudiantes valoraron sobre todo as estratexias aprendidas en relación cos tres momentos da escrita: planificación, redacción e revisión; e tamén o lle poder tirar un chisco máis de proveito a determinadas funcións do procesador de textos, como os índices, a ferramenta de revisión e os correctores ortográficos, como o Galgo e o 2mil. A partir desta edición, ademais, este curso pasa a computar 1 crédito de libre configuración. Os/as estudiantes recibirán tamén un certificado de asistencia asinado pola Xunta de Galicia e a USC.
|
Neste número:
É natural: a bioloxía tamén fala galego
Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua
A lingua galega nos novos Estatutos (I)
A lingua galega nos novos Estatutos (II)
Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |