|
Aprender informática en galego En 1999 a Universidade de Santiago abría unha pequena colección de manuais, coa axuda da Xunta de Galicia, que recollía a experiencia acumulada na impartición de cursos organizados pola Rede de Aulas de Informática da USC. A publicación destes manuais sobre Windows, Word, Excel e Access, eminentemente prácticos, permiten unha aprendizaxe rápida no manexo do Office na nosa lingua. A colección agrandábase en 2001 coa publicación dunha Introducción a Internet e mais de Bases de datos. Microsoft Access 2000, de novo utilizando os materiais dos cursos da Rede de Aulas de Informática da USC, que pretende seguir contribuíndo axiña á normalización do uso do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación con novas publicacións que se adapten ás versións recentes do Office, incluíndo FrontPage ou Outlook. Estes manuais foron editados por Tórculo, e están á venda tanto nas sedes de Tórculo Edicións como en librerías, cuns prezos moi accesibles (sobre 6 euros). Por outra banda, cómpre falar de Navegándomos, unha guía de iniciación a Internet desenvolvida por galego21 (1) no marco do programa Ciberlingua (2), un proxecto de normalización lingüística que busca a difusión das novas tecnoloxías no ensino dende unha óptica galega. Xa que logo, non se trata só de que dispoñamos dun manual en galego, senón que os programas que utiliza para aprender son versións no noso idioma (o navegador e xestor de correo Opera, o gIRC, o WinRAR, o WebCopier...) e os exemplos a que remite son propios do país e tamén en galego. Sobrancea a guía de recursos final, que ten como idioma preferente á hora de escolmalos o galego, e que tamén inclúe webs en portugués, catalán e outros idiomas. Pódese descargar tanto Navegándomos como a guía de recursos dende o web de Ciberlingua en formato PDF(3). Ademais, dado que Ciberlingua é un proxecto dirixido ó mundo do ensino, Navegándomos ofrece unha visión de Internet como ferramenta didáctica, e aprende a utilizar unha ferramenta informática nas aulas como é o Clic. Por outra banda, tamén o mundo Linux conta con guías galeguizadas como a do usuario do proxecto GNOME, o escritorio de GNU. O proxecto TRASNO (4) é proxecto dedicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e o software libre en xeral.
|
Neste número:
Para escribirmos en galego: correctores e traductores
Aprende galego a través da Rede
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |