Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/03 Inauguración da exposición de propostas de logotipos




O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

H. Monteagudo e X. Bouzada (coords.) Consello da Cultura Galega


 


É natural: a bioloxía tamén fala galego

O pasado 14 de maio reuniuse o xurado designado para dictaminar o gañador do concurso de deseño gráfico baixo lema para unha campaña de difusión da existencia e das funcións da Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Bioloxía.  Este concurso, promovido pola dita Comisión, foi apoiado economicamente pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


O gañador do concurso, decidido por unanimidade do xurado e que se verá recompensado cun premio de 500 euros en libros, resultou ser Juan Lojo Rodríguez, alumno do centro. O xurado, formado polos membros da CNL  os profesores Emilio Valadé del Río, Jesús Lamas Fernández e Manuel Noya Guldrís, presididos polo decano, Jaime Gómez Márquez, e coa asistencia como secretaria de Isabel Vaquero, do Servicio de Normalización Lingüistica, destacou o acerto do lema, e a elegancia na composición do deseño gráfico, así como o seu simbolismo.


O xurado tamén tivo palabras de eloxio para o outro traballo presentado; cómpre lembrar que o concurso estaba restrinxido para as persoas que desenvolven a súa actividade no seo da Facultade de Bioloxía. Así mesmo, estimou a conveniencia de expoñer ámbolos traballos, e dado o seu reducido número, optouse por dalos a coñecer conxuntamente cos traballos presentados ó concurso do logotipo para as comisións de normalización, que, como se pode ver nestoutra nova do Cartafol <http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=8&Artigo=48>, se inaugurará o día 10 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia.


Co deseño gráfico e o lema gañador, a Comisión vai editar carteis e adhesivos que difundan a súa existencia en Bioloxía, así como uns folletos, a través dos cales darán a coñecer as súas funcións e as canles de participación. A presentación destes materiais, así como o acto de entrega do premio, terán lugar nun acto que se desenvolverá no centro proximamente co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es