Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/03 Inauguración da exposición de propostas de logotipos




O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

H. Monteagudo e X. Bouzada (coords.) Consello da Cultura Galega


 


A lingua galega nos novos Estatutos (I)

A elaboración duns novos estatutos viña imposta pola Lei de ordenación universitaria (a tan contestada LOU, sobranceiramente na nosa Universidade), co obxecto de que a máxima norma universitaria se adaptase ó novo marco lexislativo.


Ó anteproxecto1 aprobado pola Comisión de Estatutos o 11 de abril de 2003 e que lle foi presentado ó Claustro, órgano que o debateu durante os días 19, 20 e 21 de maio, apuxéronselle 312 emendas, seis das cales tiñan que ver co ámbito da lingua.


A primeira emenda presentada tiña como obxectivo que os Estatutos se redacten nunha linguaxe non sexista, ben utilizando xenéricos cando for posible (profesorado, alumnado, dirección, etc.), ben recollendo a dobre posibilidade masculino/feminino (rector/a, valedor/a, director/a...). Como emenda non foi aceptada, aínda que si se terá en conta na redacción.


A redacción do artigo 3 do anteproxecto era idéntica á dos anteriores Estatutos (1): ' 3.1 A lingua galega é a lingua propia e oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é oficial a lingua castelá como lingua oficial do Estado. 3.2 A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega.' Sen embargo, unha emenda presentada á alínea 3.1 e unha transacción sobre ela deixaron a redacción deste punto como segue: 'A lingua galega é a lingua propia da USC'.


Sobre esta redacción, non cabe dúbida de que o ordenamento xurídico superior (Constitución, Estatuto de Autonomía, Lei de normalización lingüística) xa recolle o carácter oficial do galego e do castelán, polo que fica garantido o dereito de todo cidadán a que os seus procedementos non atopen pexas por razón do idioma que utiliza. Tamén o carácter de lingua propia se recolle na Lei de normalización lingüística, e alén das connotacións afectivas que se lle poidan supoñer, presenta importantes consecuencias de índole xurídica, segundo as interpretacións do Tribunal Constitucional: lingua propia é aquela que deben utilizar de xeito preferente as administracións públicas.


Foi desbotada unha emenda de engádega dunha nova alínea a este mesmo artigo, que procuraba o respecto á liberdade ortográfica individual 'en canto non se conseguir unha normativa de consenso'.


As tres emendas restantes enmárcanse nos procesos de fixación dos cadros de persoal e de selección, tanto do Persoal Docente e Investigador (PDI) como do Persoal de Administración e Servicios (PAS), e pódese ver no seguinte artigo <http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=8&Artigo=50 >.


(1) http://www.ti.usc.es/lexis/doc/ESTATUTOmenu.html

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es