|
Voluntariado lingüístico contra a catástrofe do Prestige Unha interesantes iniciativa de voluntariado, en relación coa catástrofe do Prestige, estase a desenvolver a través de Internet mercé a un colectivo de profesoras e profesores universitarios da Licenciatura de Traducción e Interpretación de Vigo, conxuntamente coa ONG Traductor@s sen Fronteiras (TsF), que coordinamos os esforzos dos verdadeiros protagonistas desta iniciativa: as/os estudiantes e antigas/os estudiantes da nosa Facultade. Con elas e eles contamos coa capacidade de traducción e de interpretación dende e para o galego, o francés, o alemán, o inglés, o catalán, o dinamarqués, o asturiano, o serbio, o polonés, o húngaro, o portugués, o español ou o italiano. Esta iniciativa, denominada TsF-Prestige, consiste, por unha banda, na publicación en galego e/ou en español de documentos clave publicados noutras linguas sobre os diversos aspectos sociais, económicos, políticos, técnicos, humanitarios, científicos, informativos e xurídicos da Marea Negra do Prestige; e, por outra banda, na publicación da traducción a outras linguas de documentos de idéntica temática e relevancia publicados orixinalmente en galego ou en español. O obxectivo de TsF-Prestige é superar a opacidade informativa que nos impoñen os medios oficiais de comunicación, facendo que circule a información, que haxa transparencia e obxectividade informativa. A desinformación habitual en Galicia agora vese gravemente intensificada pola xestión política da Marea Negra do Prestige. De aquí para fóra, TsF-Prestige quere dar a coñecer qué se fai en Galicia e cómo nos sentimos, ó tempo que se cobre a cuantiosa demanda de información solicitada por aquelas organizacións e institucións de fóra do país que desexan acceder ás fontes de difusión directa. Os textos publicados en TsF-Prestige queren converterse en voceiros que manteñan a tensión informativa, que alerten as conciencias e que eviten que o acontecido caia no esquecemento. Se queres colaborar con TsF-Prestige, ben como redactor/a, ben como traductor/a ou como documentalista, podes enviar as túas suxestións e propostas ós seguintes enderezos de correo electrónico: aluna@uvigo.es (para o francés), reimondez@hotmail.com (para o inglés), xgg@uvigo.es (para o catalán), saletaf@teleline.es (para o alemán), alugris@uvigo.es (para o dinamarqués), garrido@uvigo.es (para o italiano) e ocampo@uvigo.es (para outras linguas). As páxinas de TsF-Prestige, que acubilla numerosos documentos traducidos, consultables por linguas de traducción, fontes, data ou temas, pódense consultar en Internet en calquera destes dous enderezos: http://www.uvigo.es/webs/h06/webh06/tsfp/ Xavier Gómez Guinovart Universidade de Vigo
|
Neste número:
Reunión de coordinación das comisións de normalización
Un agasallo de nadal ben galego para o profesorado de Psicoloxía
Nova convocatoria de axudas para 2003
A Investigación en galego segue medrando
Éxito da campaña "¡Que non digan nin PIU!"
Sociolingüística e planificación lingüística nos Alpes Dolomitas
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |