Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/03 Inauguración da exposición de propostas de logotipos




O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

H. Monteagudo e X. Bouzada (coords.) Consello da Cultura Galega


 


A lingua galega nos novos Estatutos (II)

(Vén do artigo anterior http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=8&Artigo=49)

A aprobación da emenda nº 45, ó artigo 16, deixa aberta a porta á posibilidade de establecer perfís lingüísticos para algúns postos de traballo á hora de elaborar a relación de postos de traballo (RPT) do PDI, como un criterio máis, xunto cos de necesidades dos programas de estudio, necesidades derivadas da ampliación de centros e titulacións, e posibilidades de promoción académica.


A emenda nº 66 propoñía contemplar como requisito, nas convocatorias de prazas de PDI funcionario, a acreditación do coñecemento da lingua galega, ben con carácter previo ou ben permitindo un prazo máximo de dous anos dende o nomeamento como funcionario da USC para facela efectiva, do mesmo xeito que ocorre nos procesos de selección do profesorado de ensino non universitario.


Finalmente, a emenda 119 procuraba que nas convocatorias para cubrir postos de traballo de PAS ás que poidan concorrer persoal doutras universidades e administracións, se contemple a superación de 'exames orais e escritos nos que demostren un perfecto coñecemento da lingua galega'.

Ningunha destas dúas emendas logrou o apoio maioritario do Claustro, polo que foron rexeitadas.

Por outra banda, os Estatutos acubillan explicitamente na súa redacción a natureza e funcións de tres servicios universitarios: a Biblioteca e o Arquivo, o Servicio Universitario de Residencias, e mais o Servicio de Normalización Lingüística, este último por vez primeira nuns estatutos da USC. O artigo 153, referido ó SNL, explicita que este servicio 'ten o cometido de dotar de soporte técnico ó proceso de extensión do uso da lingua galega na Universidade, no marco da política lingüística que se defina nos plans de actuación aprobados polo Claustro'. As funcións que os Estatutos definen para o SNL son: 'a) Colaborar coa Comisión de Normalización Lingüística do Claustro e cos órganos de goberno, propoñendo actuacións dentro das liñas estratéxicas de política lingüística da Universidade. b) Executar as medidas de política lingüística que lle encomenden a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro e os órganos de goberno, en materia de asesoramento lingüístico e terminolóxico, dinamización e formación. c) Coordinar e apoiar o traballo das comisións de normalización lingüística dos centros'.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es