Febreiro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/03/03 Foro das linguas de Europa




Gramática da Lingua Galega

Rosario Alvarez, Xosé Xove. Galaxia, 2002


 


Aprende galego a través da Rede

Nos últimos anos desenvolvéronse cursos de aprendizaxe de galego, que aproveitan en diferente grao as posibilidades multimedia e de interactividade dos novos soportes.


Os máis apegados ó estilo tradicional son o do Proxecto Rábade e o curso A palabra herdada (1). A versión 0.2 do Proxecto Rábade consta de 73 páxinas con 345 exercicios, 3 xogos interactivos e un glosario con máis de 350 palabras. Os autores do proxecto están a adaptar os contidos do curso para a aprendizaxe dende outras linguas.


A palabra herdada é un curso de galego na Rede en 24 unidades (aínda que están dispoñibles 12) que se presentan en soportes sonoro e escrito, en formatos MP3 e PDF, respectivamente. Cada unidade consta de tres partes: vocabulario, gramática e historia da lingua.


Interactivos son Galingua e É-galego. Galingua preséntase como un método para a aprendizaxe do galego dende calquera lingua, partindo do nivel cero de coñecementos. Está secuenciado progresivamente, para que as persoas que o utilicen, sexan adultos ou nenos, poidan ir aprendendo por si mesmos. Incorpora unhas 480 pantallas interactivas, máis de 2.500 arquivos de son, uns 1.200 gráficos e máis de 50 animacións, cos seuscorrespondentes eventos. Preséntase en cd-rom e tamén se pode descargar dende o web da Dirección Xeral de Política Lingüística (2).


É-galego é un curso interactivo a través de Internet (3) orientado a non galegofalantes coñecedores de castelán, e persegue a adquisición das habilidades comunicativas básicas de comprensión e expresión oral e escrita, a un nivel intermedio, mediante unha aprendizaxe autónoma. Conta cun sistema de autoavaliación, e permite facer consultas a través do correo electrónico a un titor.


Os seus contidos foron planificados e elaborados polo Instituto da Lingua Galega da USC. As 10 unidades de que consta desenvolven distintas situacións comunicativas (presentación e descrición de persoas, a casa, o traballo, as viaxes, etc.), ilustradas con dúas locucións en audio e unha en vídeo. En total, dispón de case un cento de actividades interactivas repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario. Ademais, ofrécelle ó alumno materiais de consulta (vocabulario e gramática) e complementos como textos, ligazóns, etc.


(1) Vid. en <http://www.abalde.com/mpm/rabade> e en <http://edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/herdada/herdada.htm>
(2) En <http://edu.xunta.es/galingua>
(3) En <http://edu.xunta.es/dxpl/egalego.htm>

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es