Febreiro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/03/03 Foro das linguas de Europa




Gramática da Lingua Galega

Rosario Alvarez, Xosé Xove. Galaxia, 2002


 


Coñece o software en galego

Como é ben sabido, o mercado está  dominado mundialmente polo xigante Microsoft, e malia que os seus productos se ofrecen localizados en moitísimos idiomas, incluídos o catalán e o eúscaro, o galego segue afastado dos programas máis populares.

Sen embargo, o procesador de textos máis utilizado, o Word para Windows, podemos visualizalo en galego gracias ó TradWordGal, unha simple macro que traduce totalmente os menús do Word97 ou 2000. Así, poderemos abrir un ficheiro de Word, gardalo, inserirlle unha táboa, abrir unha xanela, consultar a axuda... Literalmente.

É no reino do software libre e da libre distribución onde podemos atopar programas no noso idioma, gracias, fundamentalmente, ó traballo desinteresado de persoas e organizacións.

Tal é o caso do Opera, un navegador para a Web que tamén incorpora un xestor de correo e de novas, o máis rápido e lixeiro na actualidade. Está traducido ó galego, con recoñecemento oficial de Opera Software, na súa versión 5.12, e está para saír a 6.05. Se está farto de ter que usar o Explorer e o Outlook, velaquí outra opción e en galego.

¿Quen non precisa compactar arquivos algunha vez, para que pesen menos? En galego dispoñemos do WinRAR, que permite comprimir e descomprimir arquivos con formatos RAR e ZIP.

Para baixar de Internet gravacións en MP3 e escoitalas, existe o WinAmp con interface en galego.

Tamén no noso idioma existen servicios de mensaxería instantánea, programas de chat, clientes de FTP, xestores que melloran as descargas de arquivos dende servidores, aplicacións para descargar sitios web enteiros, etc., tales como MSN Messenger, mIRC, LeechFTP, NetVampire, WebZip, WebCopier...

Tódalas aplicacións anteditas foron desenvolvidas por galego21, unha organización que ten asinado un convenio de colaboración coa USC. Dende o seu web <http://www.galego21.org/xis> pódese obter máis información sobre estas e outras aplicacións e descargalas.

O famoso buscador Google <http://www.google.com> ofrece a posibilidade de galeguizar a interface, para o cal cómpre entrar en "Ferramentas de lingua", e unha vez alí seleccionar o galego como lingua.

Por último, existe un servidor de correo web que permite, no formulario de rexistramento, escolmar o galego como lingua de preferencia. Chámase telépolis <www.telepolis.com>.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es