|
Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego ¿Como se organiza un curso coma este? A nosa filosofía parte da interdisciplinariedade e da optimización dos recursos públicos da USC. Organizamos un programa que contempla as distintas áreas que pretendemos desenvolver: incorporación das TIC á docencia universitaria, normalización lingüística, elaboración de material docente propio, interactividade e coordinación dos equipos docentes... Logo contactamos cos servicios que constitúen o equipo que colaborará na impartición do curso: profesores usuarios do web docente, Servicios Informáticos, CCIETIC e Servicio de Normalización Lingüística. Para financiar un proxecto coma este, ademais do apoio expreso de noso decano para dispoñer dos recursos de Psicoloxía, contamos cunha axuda económica específica da Xunta de Galicia, tramitada polo SNL da USC, dentro da convocatoria anual de axudas a proxectos das comisións. Agora estamos na fase de formalización definitiva dos detalles, para que o curso poida iniciarse en setembro. ¿En que vai consistir? Trátase de aprender a construír e utilizar na docencia as páxinas web, partindo da elaboración e manexo dunha primeira, baseada no propio material que achegue cada profesor/a, durante este curso. As sesións de aula compleméntanse con sesións de apoio personalizado no despacho do profesor/a, que terá dereito á actualización dos recursos informáticos e ó apoio lingüístico que precise. Para participaren, os profesores deberán presentar o programa da materia que imparten e o material para unha lección, sobre o que se construirá (e ensaiará en contexto docente) un web específico en galego durante o curso na rede da USC. ¿Que resultados concretos, a prol do galego, se conseguirán? O uso normal do galego aproveitando a aprendizaxe do manexo de novas tecnoloxías e de destrezas docentes que resultan moi atractivas -e necesarias- para o profesorado. Máis concretamente, permitiranos coñecer necesidades do profesorado para usar o galego na actividade docente, e superalas, mediante recomendacións xerais a tódolos participantes e indicación de recursos para a aprendizaxe personalizada, e para consultas e corrección de textos. ¿Pódese extrapolar para o resto da USC? Esta iniciativa de normalizar asemade o idioma, o emprego de novas tecnoloxías e a actualización metodolóxica educativa, adaptándonos ás necesidades específicas de cada docente, resulta innovador na formación do profesorado. Pode constituír o inicio dun programa máis amplo e ambicioso que pode estenderse a outros centros.
|
Neste número:
É natural: a bioloxía tamén fala galego
Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua
A lingua galega nos novos Estatutos (I)
A lingua galega nos novos Estatutos (II)
Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC
Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04
Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |