Febreiro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/03/03 Foro das linguas de Europa




Gramática da Lingua Galega

Rosario Alvarez, Xosé Xove. Galaxia, 2002


 


Internet, un abano de recursos sobre o galego

A través da páxina web do Servicio de Normalización Lingüística dedicada a ligazóns sobre lingua (http://www.usc.es/~snlus/ligazons.htm), pode acceder directamente a múltiples recursos sobre o galego, algúns dos cales recomendamos aquí ou nos restantes artigos deste Cartafol.

A Dirección Xeral de Política Lingüística ofrece no seu web un arquivo en PDF con tódalas disposicións normativas referidas ó galego. Por outra banda, o web do Boletín Oficial do Estado recolle os suplementos que publican lexislación en galego. E o da CIG fornece a lexislación laboral, así como unha base de datos de convenios colectivos, na nosa lingua.

Páxinas de información gramatical e fonética sobre o galego son, por exemplo, as do Instituto da Lingua Galega, mentres que en galego.org segue aniñada unha excelente visión sobre a historia e a actualidade sociolingüística do idioma.

Para ampliar información sobre algún aspecto da nosa lingua, aínda que en formato libro, nada mellor que consultar a bibliografía sobre lingüística galega que en forma de base de datos nos ofrece o proxecto Bilega dende o Centro Ramón Piñeiro.

As dúbidas sobre a toponimia galega pódense resolver consultando o Nomenclátor oficial de Galicia, unha base de datos aloxada no sitio web da Xunta. Para saber cómo galeguizar o noso nome ou apelidos, ou para saber de nomes galegos para os nosos fillos, a Mesa fornece información sobre o procedemento, así como unha escolma de máis de 1.400 nomes galegos e unha selección de dúbidas sobre as formas de apelidos galegos.

Tamén a través de Internet se pode acceder a empresas de traducción, ou ós servicios lingüísticos e de normalización do país, e, por exemplo, coñecer as súas axudas, como é o caso da Dirección Xeral de Política Lingüistica ou do Departamento de Lingua do Concello de Santiago.

Para aqueles con angueiras de compromiso e activismo, os portais e páxinas web das organizacións en defensa da lingua, desde múltiples perspectivas: A Mesa, as Ciberirmandades da Fala, galego21, AGAL...

 


 

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es