Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/03 Inauguración da exposición de propostas de logotipos




O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000

H. Monteagudo e X. Bouzada (coords.) Consello da Cultura Galega


 


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC

Nos estudios sociolingüísticos realizados na USC os problemas relacionados co léxico científico galego ocupan un lugar relevante, ata o punto de ser a razón que algúns sinalan como decisiva para non empregar esta lingua no seu labor profesional. Aqueles que desenvolven as súas actividades en galego tamén baten con estes problemas e a miúdo teñen que crear ou adaptar novos termos, basicamente por tres razóns:


- En galego non existe un nome para esa realidade.
- Os termos existen pero a súa calidade é deficiente e non cobren as necesidades comunicativas desa persoa.
- Existen pero son descoñecidos.


Con independencia do acerto desa creación, a capacidade de difundilo na comunidade científica que se expresa en galego é moi pequena, e  só provoca que o mesmo problema (por exemplo, '¿Como chamar en galego ó aparello succionador de fuel que en inglés se coñece como skimmer?') reciba solucións diferentes en función do autor, o cal pode xerar confusións e inseguridades entre os usuarios.


Cómpre iniciativas en dúas direccións: a) Difundir mellor a información existente, facendo que os diccionarios e vocabularios, así como as propostas que se elaboren a nivel puntual, sexan coñecidas polos seus potenciais usuarios. b) Abrir canles que faciliten a cooperación entre lingüistas e especialistas das diversas disciplinas á hora de determinar a terminoloxía técnica dunha área de especialidade, así como o debate arredor de determinadas propostas.


Para cumprir con estas dúas finalidades desde o SNL puxemos en marcha a rolda terminolóxica USC-LEXITERM; con ela:


- Transmitimos información sobre diccionarios técnicos ou vocabularios técnicos que teñan o galego entre as súas linguas de traballo, así como sobre publicacións científicas editadas nesta lingua.
- Recollemos, analizaremos e responderemos as dúbidas sobre o galego técnico remitidas polos membros da rolda.
- Consultamos a opinión dos diferentes especialistas sobre determinadas propostas de termos galegos que sexan merecentes de debate, por espertaren dúbidas entre os usuarios ou por seren propostas novas que pretenden substituír formas doutros idiomas (castelanismos, anglicismos...).


Estes obxectivos só se poderán acadar se a USC participa de maneira activa e numerosa. Por este motivo, animamos a que, se forman parte da USC, se subscriban á rolda USC-LEXITERM  no enderezo <http://www.listas.usc.es/listas/usc-lexiterm.html> e a que participen activamente no seu desenvolvemento, igual que xa están facendo as máis de cen persoas subscritas ata agora.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es