Voltar

Entrega dos Premios á calidade lingüística en CC. da Educación

Co gallo dos actos de celebración do padroeiro de CC. da Educación, o Padre Sarmiento, farase entrega dos III Premios á calidade lingüística (correspondentes ao pasado curso) a Irene Sánchez Arines e Antía González Ben.

.

Ferve a rede

Vieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca Ferve a rede, un concurso de microrrelatos eróticos en galego, cun máximo de 550 caracteres. O premio será unha viaxe de catro días a Venecia.

http://www.vieiros.com/ferve_a_rede/.

Convocados cursos preparatorios para os Celga 1, 2, 3 e 4

Ata o 22 de marzo pódese facer a solicitude de inscrición nos cursos de lingua galega que vai haber en 2008 para preparar os exames que dan acceso aos certificados en lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion.

Convocadas probas para obter os Celga 1, 2, 3 e 4

En 2008 hai dúas quendas de probas para obter os certificados de galego (Celga) ata o nivel 4. O prazo de inscrición na primeira quenda (maio e xuño) pecha o 25 de marzo. A inscrición para a segunda (novembro e decembro), o 19 de setembro.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_probas.

Teatro (é) educación

Vacio http://www.usc.es/fcce/Triptico%20teatro.pdf.

III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos»

Ata o 30 de xuño, se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.

IV Premios de calidade e excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa

A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior. Para inscribirse na segunda quenda dos cursos (en outubro) o prazo remata o 20 de setembro.

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b0c7869283c94291c12573e.

Entrega dos Premios á calidade en Económica

Co gallo da celebración do 40 aniversario de CC. da Educación, farase entrega dos III Premios á calidade lingüística (correspondentes ao pasado curso) a Tania Marcos Alonso, Fernando Nogueira Varela e Estefanía Parada Bustelo.

.



Imprimir