Voltar

Teatro (é) educación

En abril «Teatro (é) educación» traénos conferencias e representacións para achegarse ao que significa o feito teatral na vida asociativa e comunitaria das nosas vilas e aldeas. Organizan as comisións de cultura e normalización lingüistica da facultade. http://www.usc.es/fcce/Triptico%20teatro.pdf.

Entrega dos Premios á calidade lingüística en CC. Económica

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, farase entrega dos III Premios á calidade lingüística (curso 06-07) a Tania Marcos Alonoso, Fernando Nogueira Varela e Estefanía Parada Bustelo

.

Convocatoria para elaborar recursos didácticos en galego

Política Lingüística convoca axudas para a elaboración e a publicación de recursos didácticos curriculares en lingua galega, para niveis non universitarios, cun máximo de 1.050.000 euros. O prazo para presentar solicitudes remata o 28 de abril.

http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/13B8E?OpenDocument.

III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos»

Ata o 30 de xuño, se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.

IV Premios de calidade e excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa

A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior. Para inscribirse na segunda quenda dos cursos (en outubro) o prazo remata o 20 de setembro.

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b0c7869283c94291c12573e.

IV Premios a artigos xornalísticos normalizadores

O día 18 remata o prazo de presentación de artigos xornalísticos normalizadores a estes IV Premios organizados polo Concello de Carballo. Os gañadores verán os seus artigos publicados na prensa galega e poderán meter no peto ata mil euros.

http://www.carballo.org/aodia/novas/noticia.php?id_nova=1554&lg=gal.



Imprimir