Voltar

Comunicación de calidade por correo electrónico

Comeza este curso do Plan de Formación do PAS, de 10 horas, cuxo obxectivo é mellorar a calidade, efectividade e rigor da comunicación a través dos correos electrónicos.

http://www.ti.usc.es/webpas/doc/08FOG012.htm.

Correlingua 2008 en Lugo

Ás 11:00 sae da Praza de Santa María a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario. Ademais da animación do grupo Chévere, resolverase o concurso de pancartas.

http://www.correlingua.org.

Comeza a primeira quenda de exames do Celga

A primeira quenda das probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2008, comeza o día 10 (Celga 4).

http://xunta.es/linguagalega/probas_celga.

Correlingua 2008 en Santiago

Ás 11:30 sae da Praza do Obradoiro a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario. Os animadores do acto serán os integrantes do grupo Chévere.

http://www.correlingua.org.

Lingua de amor: remata o prazo

O Consello da Xuventude de Galicia convoca a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico cun máximo de 350 caracteres, para 2 categorías, 14-19 anos e 20- 30 anos.

http://www.cxg.org/comunicacion/noticia.php?id=450&lg=gal.

Polo dereito a vivirmos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación en Santiago baixo o lema «Polo dereito a vivirmos en galego», un dereito que os poderes públicos deben garantir.

http://www.amesanl.org/index.asp.

III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos»

Ata o 30 de xuño, se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.

IV Premios de calidade e excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Occitània a pè

O 30 de agosto comeza nos vales occitanos do Piemonte unha ruta a pé que chega o 7 de novembro ao Val de Arán nos Pireneos: 1300 km en 70 xorndas de viaxe para reivindicar a lingua de Òc como patrimonio mundial da humanidade.

http://www.chambradoc.it/chambradochome.page.

Inscrición nas probas dos Celga

Para participar nas probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 na quenda de novembro, cómpre inscribirse antes do 19 de setembro.

http://xunta.es/linguagalega/probas_celga.

Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa

A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior. Para inscribirse na segunda quenda dos cursos (en outubro) o prazo remata o 20 de setembro.

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b0c7869283c94291c12573e70055b3c6/$FILE/02700D004P012.PDF.



Imprimir