|
Entrega de Premios de Calidade en Ciencias da Educación Co gallo da celebracion do padroeiro da Facultade de Ciencias da Educación, entregarase os galardóns dos IV Premios á calidade dos traballos académicos. Comeza o Obradoiro «Falar ao dereito» Este obradoiro, eminentemente práctico, ten o obxectivo de mellorar as habilidades orais e argumentativas dos alumnos/as da licenciatura de Dereito http://www.usc.es/snl/forma/descricionfalaraodereito.htm. Comeza o Curso de linguaxe administrativa para PAS Co obxectivo de mellorar a calidade dos textos administrativos que se producen na USC, comeza este curso de linguaxe administrativa dirixido ao PAS, na Facultade de Química de 13 a 15 h. http://www1.usc.es/asp/convocatorias.asp?codcurso=09FOG012. Remata a inscrición para os exames dos CELGA A primeira quenda de exames realizarase os días 23, 24, 30 e 31 de maio de 2009. Cómpre inscribirse antes do 25 de marzo. Hai unha segunda quenda de exames en novembro. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. II Ciclo de teatro comunitario: Teatro (é) educación Conferencias e representacións a cargo de grupos amadores de teatro son as claves deste segundo ciclo, organizado pola Comisión de Normalización de Ciencias da Educación. O 27 de marzo rematará o prazo de inscrición. http://www.usc.es/fcce/. Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. |