Voltar

Exames para non galegofalantes

Entre o 8 e o 12 de maio desenvolveranse os exames para que os alumnos dos dous niveis dos cursos de galego para non galegofalantes demostren as capacidades adquiridas de comprensión oral e escrita e de expresión oral e escrita.

http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.

Actualización á normativa da lingua galega

Comeza este curso na Facultade de Química, destinado ao PDI para repasar os cambios máis salientables nas Normas da Real Academia Galega no ano 2002. Ten unha duración de 10 horas e ao remate outórgase un certificado de asistencia.

http://www.ti.usc.es/formacionPDI/asp/convocatorias.asp?codcurso=05hd-19.

A USC homenaxea a Lugrís Freire

A USC homenaxea nas Letras Galegas a Manuel Lugrís Freire. Ademais da exposición organizada pola Biblioteca Xeral, ás 12 h no Salón Nobre de Fonseca presentarase unha publicación de Filoloxía Galega e haberá unha conferencia a cargo de Anxo Tarrío.

.

II Premios á calidade lingüística

Ata o 22 de xullo, se es estudante poderás presentar traballos académicos na secretaría do teu centro para optar aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006. Hai dous premios de 300 e 200 euros por centro convocante.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

I Premios de publicidade en galego “Comunicándomos”

Ata o 30 de setembro, se es membro da comunidade universitaria da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.



Imprimir