Febreiro do 2008
   Visita os números anteriores
Buscas


07/03/2008 Entrega dos Premios á calidade lingüística en CC. da Educación

10/03/2008 Ferve a rede

22/03/2008 Convocados cursos preparatorios para os Celga 1, 2, 3 e 4

25/03/2008 Convocadas probas para obter os Celga 1, 2, 3 e 4

02/04/2008 Teatro (é) educación

30/06/2008 III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos»

24/07/2008 IV Premios de calidade e excelencia lingüística

20/09/2008 Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa

04/04/08 Entrega dos Premios á calidade en Económica




Un reto proveitoso UE: Portal das Linguas de Europa






 


Ruxe Ruxe

O voluntariado, ferramenta para unha visión positiva da lingua (Vieiros, 01/02/2008)

Coordinadores dos voluntariados lingüísticos que están a funcionar nestes momentos no Estado (en Catalunya, Euskadi, País Valencià e Galiza), comparten experiencias a prol dun maior uso social para as linguas.

Galicia Bilingüe esixe derrogar a Lei de normalización lingüísti (Galicia Hoxe, 04/02/2008)

Gloria Lago, presidenta do colectivo, di que hai un gran descontento” co decreto que regula o idioma no ensino

Se non fose por Brais.... (Galicia Hoxe, 11/02/2008)

O uso de nomes en galego baixaron máis do seis por cento desde 1990 e deixa a Galicia no último lugar das nacións históricas por uso da lingua cooficial nos antropónimos

Galicia, País Vasco e Cataluña, pola pluralidade lingüística (La Voz de Galicia, 11/02/2008)

«A declaración de París» dos responsables de Política Lingüística de Galicia, o País Vasco e Cataluña, sinala ademais que «todas as linguas celebran a pluralidade do mundo e contéñeno por completo, sustentan en idéntica medida a convivencia».

Jujel, o Google para «jalejos» (LVg, 13/02/2008)

o buscador máis importante do mundo virtual está detrás deste proxecto,
nacido en Galicia, coa intención de limitar as procuras a referencias
galegas e profundar en fenómenos peculiares da lingua galega, como é a
gheada ou seseo.

Gales inventa a normalización lingüística tecno-colaborativa (Vieiros, 14/02/2008)

A Asemblea Nacional galesa pon na rede un wiki para que os cidadáns poidan achegar as súas propostas para a próxima lei de normalización lingüística, no proceso de revisión das normas que lle afectan ao idioma, despois de quince anos en vigor.

O Goberno impugna a norma do galego no Concello de Cedeira (LVG, 15/02/2008)

A subdelegación do Goberno na Coruña impugna o regulamento do uso do galego do Concello de Cedeira porque existe non menciona a cooficialidade lingua castelá e porque declara requisito indispensable o coñecemento do galego na provisión de postos.

40 denuncias en dous anos por acoso lingüístico (El país, 19/02/2008)

Perto de 40 traballadores de sectores moi diversos, desde a hostelaría aos seguros, sufriron nos dous últimos anos discriminación no seu centro laboral por falaren galego, chegando ao despedimento nalgúns casos.

Traballo investigará as discriminacións lingüísticas (Vieiros, 20/02/2008)

A Inspección de Traballo realizará en 2008 actuacións especiais de vixilancia e control para que non se produzan discriminacións por razón de lingua. A consellaría actuará en sectores e empresas onde se detectaran estes problemas.

Cincuenta centros incumpren gravemente o decreto do galego (Vieiros, 21/02/2008)

A Mesa destaca que o incumprimento é masivo sobre todo nos ciclos formativos e no ensino infantil, unha etapa educativa onde, segundo o novo decreto, o galego debe ser a lingua vehicular nas zonas de maioría galego falante, e chegar ao 50% no resto.

A paz vai desaparecer en máis de 3.000 linguas... (Vieiros, 25/02/2008)

O Ano Internacional das Linguas comeza cun dato para pensar: cada quince días deixa de falarse unha lingua e nun futuro próximo desaparecerán a metade dos 6.700 idiomas falados.

Carrefour recoñece a discriminación lingüística dunha empregada (Vieiros, 28/02/2008)

O director de Carrefour da Coruña desculpouse pola discriminación e insultos dun xefe de sección cara a unha empregada por falar galego, á que chegou a dicirlle «burra, no hables lenguas menores».

A Xunta valorará o galego para conceder axudas a prol do emprego (Vieiros , 29/02/2008)

A Consellaría de Traballo concederá subvencións para realizar actividades de información, orientación e busca de emprego. Por primeira vez, o galego será criterio de puntuación á hora de obter as axudas.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es