|
Ruxe Ruxe A escrita en galego comezou na Idade Media (Xornal da USC, 12/03/2008)
O Instituto de Lingua Galega da USC e o Consello da Cultura Galega presentaron o libro Na nosa lyngoage galega. Unha firma catalá fará o primeiro tradutor galego-inglés (A Nosa Terra, 17/03/2008)
O primeiro tradutor automático galego-inglés realizarao a compañía Transledium, de Barcelona, no prazo máximo de un ano. A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de adxudicarllo por case medio millón de euros. Máis dun cento de marcas de viño etiquetan en galego (La Voz de Galicia, 19/03/2008)
«Deixa que ou viño fale» é ou título dá campaña para a etiquetaxe de viños en galego, iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, á que se acolleron xa 115 marcas. Un estudo fala da situación intermedia do galego (A Nosa Terra, 23/03/2008)
Segundo un informe da Universidade do País Vasco sobre a presenza das linguas minorizadas nos medios de comunicación europeos, o galego e o eusquera están nunha situación intermedia: contan cun mínimos garantidos, pero padecen problemas estruturais. Polo dereito a vivirmos en galego (Vieiros, 24/03/2008)
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a toda a cidadanía, mesmo a aqueles que non o usan habitualmente, a reivindicar o uso do único idioma natural de Galiza. Os bonecos non falarán galego (Galicia Hoxe, 29/03/2008)
A secretaria xeral de Política Lingüística descartou que os bonecos falen en galego a curto prazo debido á receptividade fría da industria por un motivo de tipo económico. Máis de un millón de euros para proxectos editoriais en galego (Xunta de Galicia, 31/03/2008)
Política Lingüística convoca axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e de materiais para a formación de adultos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de abril.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |