|
Ruxe Ruxe Dous novos títulos de Clásicos Universais (Xornal da USC, 02/03/05)
Presentáronse O sistema do mundo, de Newton, e Eloxio da Loucura, de Erasmo de Rotterdam, na colección Clásicos do Pensamento Universal, editada pola USC e a Fundación BBVA: traducións directas dende o idioma orixinal para o galego de textos clásicos do pensamento. Para a Xunta, a oficialidade do galego na UE, pouco crible (La Voz de Galicia, 29/03/05)
O director xeral de Política Lingüística advertiu onte de que «non ten credibilidade» demandar que o galego sexa oficial nas institucións da UE mentres non se lle dea esta categoría nos órganos do Estado español. O Goberno só prevé traducir ao galego o 3% das leis da UE (La Voz de Galicia, 11/03/05)
A UE comezou a discutir a proposta española para que as linguas cooficiais do Estado dispoñan de maior recoñecemento xurídico en Europa; Madrid só propón traducir ao galego 1000 das 40000 páxinas anuais de lexislación comunitaria (un 3%). Un de cada tres colexios incumpre o decreto do galego (Galicia Hoxe, 16/03/05)
Un de cada tres colexios incumpre, segundo A Mesa pola Normalización, o Decreto que regula un mínimo de materias en galego. A Mesa continuará co contencioso para facer cumprir a lexislación no ensino.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |