Xaneiro do 2004
   Visita os números anteriores
Buscas


26/02/04 Exposición de logotipos en Lugo




Léxico panlatino do comercio electrónico Realiter, 2004






 


Ruxe Ruxe

90 centros de ensino incumpren a lexislación sobre o galego (Galicia Hoxe, 24/02/04)

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha denuncia contra o persoal de inspección da Consellaría de Educación por incumprimento da normativa lingüística. Segundo constataron hai 90 centros de ensino non universitario que non cumpren coa lei.

Linux e Windows en galego nos institutos (La Voz de Galicia, 25/02/04)

A Xunta vai instalar nos institutos o sistema informático Linux, que xa ten partes traducidas ao galego. Os usuarios poderán escoller entre este ou o sistema operativo de Windows (o XP), que antes do verán tamén vai estar dispoñible na nosa lingua.

Cataluña vai multar por non cumprir coa Lei do Catalán (Vieiros, 20/02/04)

O novo goberno catalán comprometeuse a facer cumprir a normativa do catalán con rigor, impoñendo incluso sancións. A lei do catalán establece a aplicación de multas a empresas e administracións, non a cidadáns, que poden chegar aos 600.000 euros.

A LOCE diminúe a importancia das linguas minoritarias no ensino (Vilaweb, )

A Lei orgánica de calidade do ensino contempla un aumento das horas lectivas de lingua española no ensino primario, en detrimento do ensino das outras linguas oficiais. En Cataluña a plataforma “Pel català a l’escola” demandou xa que se retire esta Lei.

O galego na administración local (Vieiros, 20/02/04)

O Concello de Carballo presentou este mes o seu Servizo de Normalización Lingüística, que se crea neste munipio. Por outra banda, o Concello de Oleiros aprobou unha ordenanza reguladora do uso do galego na Administración municipal.

Ferramentas lingüísticas para empresas exportadoras galegas (Galicia Hoxe, 20/02/04)

A empresa Imaxin Software está a desenvolver un proxecto para facilitarlles ás empresas exportadoras galegas o manexo de información e documentación en distintas linguas mediante ferramentas informáticas, o que lles permitirá traballaren orixinalmente en galego.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es