|
Ruxe Ruxe Desactivar prexuízos lingüísticos no ámbito empresarial (Vieiros, 24/06/09) Dez empresas aceptaron este ano a invitación do Foro Peinador para introduciren gradualmente o galego na súa actividade empresarial, así como promoción da nosa lingua nas súas relacións internas e externas. A Xunta obvia o decreto do galego en educación infantil (A Nosa Terra, 23/06/09) A Consellaría de Educación presentou a implantación, desenvolvemento e avaliación do segundo ciclo de educación infantil de Galicia, para nenos de 3 a 6 anos, obviando o decreto que regula o uso do galego no ensino e que está en vigor. A Irmandade Xurídica pide medidas legais a prol do galego (La Voz de Galicia, 23/06/09) O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, da Irmandade Xurídica Galega, avogou por «buscar novos espazos sociais e profesionais para a lingua galega» e por que se «arbitren medidas legais que poñan en pé de igualdade o galego co castelán». Pais e nais, pola inmersión voluntaria en galego en infantil (La Voz de Galicia, 14/06/09) Os proxenitores reclaman que non se elimine o programa experimental de introdución do galego en contextos castelanfalantes, que é voluntario e require que haxa máis de unha aula por curso, para escolarizar os menores que no optan por este sistema. O galego e o ensino da ciencia (Vieiros, 11/06/09)
A Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que conta con case un milleiro de profesores e profesoras de secundaria, rexeita as argumentacións de quen considera o galego un problema nas aulas. O alumnado galego domina máis o castelán que a media española (A Nosa Terra, 11/06/09) A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, na súa campaña informativa sobre a consulta da Consellaría de Educación verbo da lingua no ensino, fanlles saber ás familias datos como que o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española. Héitor Mera lerá a primeira tese en galego na UNED (La Voz de Galicia, 10/06/2009) O filólogo Héitor Mera será a primeira persoa que presente e defenda nunha lingua cooficial a súa tese de doutoramento na UNED. Para iso, tivo que rebelarse contra a negativa da dirección desta universidade a admitir o traballo en lingua galega. O programa «Bocaberta» bota a andar en 286 concellos (Galicia-Hoxe, 10/06/09) O programa Bocaberta, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 18 anos, percorrerá 286 concellos de Galicia co obxectivo de fomentar o uso do galego neste segmento de poboación achegándoos dun xeito positivo á lingua e á cultura galegas. As enquisas, punto de partida para derrogar o decreto (xornal, 05/06/09)
O conselleiro de Educación presentou as enquisas que servirán como base para elaborar o novo decreto do ensino. Tal e como adiantara Xornal, os núcleos familiares recibirán tantas enquisas como fillos teñan.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |