Novembro do 2004
   Visita os números anteriores
Buscas


24/11/04 Concurso de monólogos en Económicas

22/11/04 Comeza o Curso de redacción de traballos de investigación




Divulgación sobre reumatoloxía pediátrica PRINTO






 


Ruxe Ruxe

A Universidade da Coruña reclama máis espazos para o galego (Vieiros-galego.org, 10/11/04)

Na presentación do estudo sobre o galego na UdC chegouse a unha dramática conclusión, “o galego estase convertendo nunha lingua morta”, e reclamouse un cambio de orientación na política lingüística desta Universidade.

Presentouse en Lugo un novo vocabulario sobre botánica (Galicia Hoxe, Universidade, 09/11/04)

O vocabulario trilingüe galego-castelán-inglés Termos esenciais de botánica, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior, distribúese de balde a través da dita CNL e do Servizo de Normalización Lingüística.

O L compartido do PSOE e do PP (Galicia Hoxe, 03/11/04)

O Pleno do Concello coruñés aprobou, coa maioría socialista e a entregada abstención dos populares a oficialidade do topónimo “La Coruña”, aínda que o voceiro do PP expresara as dúbidas do seu grupo respecto da legalidade da moción.

A Xunta recorre o acordo sobre o topónimo (La Voz de Galicia, 04/11/04)

O titular de Educación autonómico, Celso Currás, anunciou que o Goberno galego, a través da Consellería de Xustiza, recorrerá o acordo adoptado polo Pleno do Concello da Coruña sobre a cooficialidade do topónimo do ele.

O valor das falas do Estado (Galicia Hoxe, 15/11/04)

O Goberno español comprometeuse a promover o uso das linguas cooficiais de España en todo o territorio do Estado, incluíndo o ensino do glaego, o catalán e o eusquera nas escolas de idiomas.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es