![]() |
![]() |
![]() The author: Jiří Suchý> Jiří Suchý is actually one of the most famous modern writters in this gender in the Czech Republic. Versátil clásico vivo do teatro cómico-musical e da canción poética checa, fundador do famoso teatro praguense Semafor (palabra formada polas primeiras sílabas de "Sedm Malých Forem", en galego Sete Formas(tea-trais) Menores. En checo a palabra semafor tamén fai referencia ó semáforo), actor, cantautor, poeta, dramaturgo, músico, guionista, director de teatro, editor e pintor. He was born in October 1, 1931 in Plzeň, a city in west Bohemian, berce da coñecida marca da cervexa checa. He moves to Prague five years later. A súa actividade profesional iníciase nos anos 1954-58 como deseñador gráfico nunha axencia de publicidade, pero axiña se fai coñecido como cantante, actor, humorista. A mediados dos anos cincuenta participa na creación de Akord club, unha banda musical coa que actúa no pequeno e céntrico teatro praguense de Reduta. Pronto reúne ó seu arredor a diversos e notables artistas, sobre todo escritores cos que organiza uns concorridos recitais denominados Textappeal. Entre os seus colaboradores figuran os escritores checos L. Vyskočil, J. Škvorecký, M. Horníček e outros. No ano 1958 participa con Ivan Vyskočil na fundación do Divadlo na zábradlí (Teatro sobre a varanda) e un ano máis tarde co seu compañeiro, o enxeñoso artista Dr. Jiří Šlitr (1924-1969), funda a compañía que dirixe na actualidade: Semafor. No ano 1970 e ante o inesperado falecemento de J. Šlitr, é a actriz cómica checa Jitka Molavcová quen o substitúe. Co seu inconfundible estilo poético de vertente cómica escribe para a nova compañía pezas dirixidas a un público moi heteroxéneo que lle brinda unha grande acollida. Proba disto é que nalgúns casos as súas obras chegaron a ter ata seiscentas representacións (i.e. Kytice, Un ramo de flores). Moitas das cancións compostas no marco destas obras convertéronse en auténticos éxitos de vendas, facendo sombra ós éxitos estranxeiros importados e incluso ós cantantes checos consagrados (i.e. Včera neděle byla, Onte era domingo con 350.000 exemplares vendidos). Algunhas cancións foron traducidas ó alemán por Jan Koplowitz e Wolf Biermann. We can quote a great number of theatre productions such as Šest ženi (Six women, 1958), Člověk z půdy (O home do faiado, 1959), Taková ztráta krve (Que perda de sangue, 1960), Jonáš e tingl tangl (Jonáš e cabaret, 1962), Dobře placená procházka (Un paseo ben pagado, 1965), Poslední štace (O último tramo, 1968), Jonáš a dr. Matrace (Jonás e o dr. Colchón, 1969), Kytice (Ramo de flores, 1972), Zuzana v lázni (Susana no baño, 1972), Elektrická puma (A bomba eléctrica, 1974), Sladký život blázna Vincka (Adoce vida do tolo Vincek, 1975), Smutek bláznivých panen (A tristeza das virxes tolas, 1977), Případ Eleonora (O caso Eleonora, 1983), Jonáš dejme tomu v úterý (Xonás, digamos o martes, 1985), Výhybka (Agulla, 1989), Vetešník (O trapeiro, 1987), Hej rup, peklo nebude, ráj se vrací (Aupá, o inferno non ven, regresa o paraíso, 1990), Nižní Novgorod, aneb pohádka o tom, proč říjnová revoluce nezačala už v září (Nižní Novgorod, ou sexa, un conto de fadas sobre a razón de por que a Revolución de outubro non empezou xa en setembro, 1992), Víkend s Krausovou (Unha fin de semana con dona Krausová, 1995), Mé srdce je zimmer frei (O meu corazón é un zimmer frei, 1996), Únos turecké houslistky (O secuestro dunha violinista turca, 1997), Pré, revue z polepšovny (Pré, espectáculo nun reformatorio, 1999). Á parte das súas numerosas obras teatrais nas que case sempre actuou, e dos contos breves, é autor de varias publicacións como Knížka (Libro), Motýl (Volvoreta), Růže růžová (Rosa rosada), Lexicon pro zamilované (Lexicón para namorados) e outros. En colaboración con Jiří Šlitr publica S+Š Praha, město věží (S+Š Praga, a cidade das torres, 1970), Med ve vlasech (O mel no pelo, 1970), Knížka, aneb co mě jen tak napadlo (Un libro, ou sexa, o que boamente se me ocorreu, 1986), Kolik očí má den (Cantos ollos ten o día, 1987), Trocha poezie (Un pouco de poesía), Další knížka (Outro libro, 1991), Tak nějak to bylo (Era máis ou menos así, 1998), 3. Knížka (3. Libro, 1999), Inventura (Inventario, 2000) e outros. No ano 1990, un ano despois da Revolución de veludo que lle devolveu a democracia ó pais, Suchý funda unha pequena editorial chamada Klokočí. Publicaron nela de novo o Lexicon pro zamilované, o libro Jen pro pány (Só para cabaleiros) e Praha zmalovaná (Praga pintada totalmente). Traduce do eslovaco a obra Člověčiny (Persomanías, 2000) de Stanislav Štepka. En coproducción coa editorial Knihovna Jana Drdy publica a poesía checa contemporánea No jo, ale... (Xa, xa, pero...). Actualmente, publica no Klokočí os programas das súas representacións teatrais. Os seus debuxos, expúxoos en máis de setenta ocasións en distintas salas en Praga, Karlovy Vary, Brno, Ostrava, Cheb, Trenčín, Bratislava e outras cidades checas e eslovacas. Participou como actor en varias películas e videoclips. Co director Miloš Forman filmou a súa ópera de jazz Dobře placená procházka (Un paseo ben pagado) e xunto con Jirí Šlitr traballou na curtametraxe iKonkurs (Concurso, 1962) do mesmo director. Co escritor Josef Škoverecký fixo o guión para a película Zločin v šantánu (Crimen no cabaret, 1968). Como director de cine realizou a película Nevěsta (A noiva, 1970). Co seu grupo PERPLEX realizou varias películas que póden mercarse en vídeo. En 1997 realiza o largometraxe Magda a její ztráty a nálezy (Magda, cousas que perde e atopa, 1997) e en 1999 Kálovna bublin (A raíña das burbuxas). A súa experiencia fóra das fronteiras do seu país iníciase con éxito en Alemaña, concretamente en ámbalas dúas partes do Berlín dividido, onde se representa a peza Expo Zuzana (1963), experiencia que se repite máis tarde en Polonia e en Holanda, onde o teatro Semafor actúa en alemán. No ano 1967 preséntase no Théatre des nacions le Petit Odéon (París) a súa obra Benefice. En novembro do ano seguinte actúan no Renitens Theatr de Stuttgart. No ano 1971 viaxa a Tampere e outras cidades finlandesas coa obra Un paseo ben pagado, estreada con anterioridade en Bruxelas e Saraxevo. Actúa tamén para os seus compatriotas en Viena e regresa a Finlandia co espectáculo Dr. Johann Faustno (1986) e con Vetešník traducido ó inglés co título de Second hand show (1987). Por estas datas tamén actúa en Moscú e varias veces en Polonia. A pesar de atoparse convalecente dunha delicada operación cirúrxica, participou activamente na caída do réxime comunista checoslovaco, na revolución de veludo de 1989. A partir de 1989 actúa de novo para os seus compatriotas, esta vez en Tasmania, Canadá, Australia, Estados Unidos, Suíza, Austria, Francia, Suecia e Holanda. Jiří Suchý foi un dos autores aparentemente tolerados polo réxime. Sen embargo entre os anos 1970 e 1979 non puido actuar na televisión, dous dos seus libros foron retirados antes de ser difundidos e tivo que compartir o seu teatro con outros dous grupos. Co seu excelente sentido do humor tamén na actualidade segue atraendo non só o interese do público praguense senón o de toda a República Checa e Eslovaquia. |
|