CHESGA
galego | español | checo | inglés

Como podes colaborar?

O proxecto foi desenvolvido utilizando en todo momento estándares abertos, programas e linguaxes libres. O resultado final é unha aplicación que pode ser utilizada libremente e que se distribúe de acordo cos termos da licencia GNU General Public License (GPL, para software) e GNU Free Documentation License (FDL, para documentos).

O noso modelo de traballo é o colaborativo, baseado na compartición do coñecemento e os recursos. Se estás interesado nalgún dos temas tratados nesta páxina e che apetece participar no proxecto, aquí ímosche dar algunhas ideas sobre o que podes facer.

  • Traducción.
  • Se coñeces algunha das linguas do proxecto (checo, español, galego), podes traducir algún dos contos a outra lingua que coñezas. Isto engadirá aínda máis pares lingüísticos á aplicación. Tamén podes axudarnos a traducir a páxina web a novas linguas.
  • Programación.
  • Se sabes programar ou facer páxinas web podes traballar mellorando algúns aspectos da aplicación ou engadindo novas funcionalidades. Algunhas das tecnoloxías que empregamos son: HTML, CSS2, Javascript, PHP, XML, XSL, Perl.
  • Textos.
  • Se sabes dalgún texto que poida ser útil para aprender unha lingua e que estea de acordo cos nosos requerimentos para ser incorporado a CHESGA, podes traballar na súa adaptación. Estes requerimentos son:
    • Libres de dereitos de autor (ou cos permisos requeridos).
    • Textos breves (a ser posíbel contos ou novelas curtas).
    • Textos libres (moi recomendábel).
  • Beta-testers
  • Precisamos xente que use CHESGA e nos notifique os erros que poida atopar. Se encontras algún erro ou queres facernos algunha suxestión interesante, ponte en contacto con nós.