CHESGA
galego | español | checo | inglés

Exercicios

A continuación propoñemos unha serie de actividades para traballar cos textos en función do nivel de coñecemento da lingua e coas que pretende mellorar a comprensión escrita.

  1. Nivel elemental de iniciación.
    • Ler o mesma oración varias veces antes de mirar a traducción.
    • Ler o texto en voz alta.
    • Intentar adiviñar o significado das palabras descoñecidas.
    • Analizar as formas verbais finitas, o(s) substantivo(s) en función de suxeito e despois buscar as demais partes da oración.
    • Analizar a concordancia no xénero, número (e tamén caso no caso dos textos checos) entre os substantivos e adxectivos relacionados.
    • Apuntar as palabras descoñecidas que máis se repiten.
    • Apuntar as palabras suxestivas e estructuras útiles.
  2. Nivel elemental intermedio e avanzado.
    • Facer primeiro unha lectura rápida de todo o texto.
    • Intentar adiviñar os significados polo contexto.
    • Buscar o implícito.
    • Buscar axuda complementaria nos diccionarios monolingües.
    • Familiarizarse cos conectores e reflexionar sobre a posición do tema e o rema en cada oración.
    • Pensar no obxectivo do texto non só en frases soltas.
    • Facer resumo da lectura.
    • Aprender frases ou párrafos de memoria.
    • Reler o texto ó cabo dun tempo.