Other event

G-Night: Noite Europea das Persoas Investigadoras

26-09-2025

Colexio de Fonseca USC

 

O vindeiro venres 26 de setembro celébrase unha nova edición da Noite europea das persoas investigadoras (G-Night), que encherá de actividades de divulgación as cidades galegas, baixo o lema “Conciencias creativas”. Coordinado pola Universidade de Vigo, o evento reunirá universidades e centros de investigación co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía.

Un ano máis, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) participará na xornada que terá lugar no Claustro do Colexio de Fonseca, en Compostela, a partir das 18.00 horas.

Nesta ocasión, o CiQUS presentará a actividade “Ciencia molecular en acción: do xogo á innovación”, unha proposta pensada para todos os públicos. Os máis pequenos poderán mergullarse na química dos polímeros elaborando a súa propia pelota saltarina, mentres que os adultos terán a oportunidade de coñecer proxectos de vangarda en torno á sustentabilidade: desde o aproveitamento do metano como materia prima para a síntese de fármacos e produtos de valor engadido, ata a investigación de novos materiais máis respectuosos co medio ambiente para o almacenamento de enerxía.

➕ Máis info en http://gnight.gal