![]() |
|||||
Decisións
En 3º de ESO eliximos a nosa primeira materia optativa e xa pasaron algúns anos e distintos profesores dende aquela. Tamén os nosos pais nos foron aconsellando cara onde continuar e por iso estamos hoxe aquí, a un paso da universidade. Agora teremos que tomar a máis difícil decisión acerca do noso futuro laboral. É o momento de elixir o que queremos ser o día de mañá, é hora de elixir que camiño tomar.
Continuamente
veñen a darnos charlas ó instituto, intentando aclararnos
ideas, é difícil elexir entre tantas opcións xa que
non só temos que ver que é o que máis nos gusta,
tamén temos que tomar unha decisión que nos leve a algo
o día de mañá. É indiscutible que hoxe en
día é moito máis fácil descubrir e coñecer
máis a fondo cada carreira gracias a internet. Tamén nos
axudará a tomar a decisión correcta e teremos unha idea
máis clara de como será a carreira que queremos. Indagando
por internet atopamos varias webs de utilidade que poderedes atopar na
sección enlaces,
e que esperamos que tamén vos
Persoalmente pensamos que eses medos temos que deixalos a un lado e lanzarnos, confiar en nós mesmos porque niso se basea o estudio, se nolo propomos podemos e será o que fagamos.
As decisións son duras, quizais a carreira sexa difícil pero do que estamos seguros é de que será unha experiencia agradable. |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |