Versión en español

Decisións

Dificultades e cambios

Sentimento Universitario

Sobre este Sitio

Créditos

 

Enlaces

   

 

 

 

Dificultades e cambios

O camiño cara ó noso futuro terá que estar cheo de esforzo se queremos conseguir chegar á meta. Está claro que non será un camiño fácil e que estará cheo de obstáculos, pero a recompensa merecerá o esforzo. O primeiro obstáculo que aparecerá seremos nós mesmos, xa que teremos que mentalizarnos e estudiar moi duro. Necesitaremos tamén responsabilizarnos de nós mesmos e non estudiar por obriga, desta forma poderemos gozar da nosa formación e do noso camiño cara ó futuro.

Por outro lado, o factor económico é tamén moi importante. Algunhas familias poden pagar todos os estudos dos seus fillos, pero sen o apoio económico necesario por parte das familias, sacar unha carreira resulta unha tarea moito máis complicada. As bolsas son unha boa opción para tratar este problema, aínda que escasas, poden resultar de gran axuda a familias con unha renda reducida. O traballo e os estudios son tarefas que se poden compaxinar con algo de organización e pode ser unha solución sinxela para o problema económico, aínda que resulte sacrificada. Traballar para sacar a túa propia carreira pode resultar tamén unha tarefa gratificante en certo modo, xa que estarías labrándote un futuro por ti mesmo.

O feito de ir a vivir fóra e lonxe da familia pode traer consigo un exceso de liberdade que en ocasións pode desenvocar nunha falta de responsabilidade, xa que non haberá ninguén presionándonos para realizar a nosas tarefas. Debemos ser responsables e desta forma saber controlar as nosas liberdades para non perder o rumbo e chegar á nosa meta.

Malia todos estes obstáculos o camiño será divertido. Tamén será unha aventura chea de novas experiencias, na que ademais de prepararnos para o noso futuro laboral aprendermos moito sobre a vida.

Finalmente gustaríanos animar a todas as persoas a continuar estudiando, incluso a aqueles que non teñan recursos económicos, posto que existen un gran número de bolsas para axudar a todos aqueles que o necesiten, podedes consultalas nalguns dos sitios que incluimos na sección enlaces.